Didio Xuliano
Nome orixinal | (la) Didius Julianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xaneiro de 133 Mediolanum (Italia) |
Morte | 1 de xuño de 193 (60 anos) Roma (Italia) |
Causa da morte | homicidio, decapitación |
Emperador romano | |
28 de marzo de 193 – 1 de xuño de 193 ← Pertinax – Septimio Severo → | |
Senador romano | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
Residencia | Milán |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado |
Outro | |
Título | Augusto (título) |
Cónxuxe | Mânlia Escantila |
Fillos | Didia Clara |
Pais | Quintus Petronius Didius Severus e Aemilia Clara |
Parentes | Sextus Cornelius Repentinus, xenro |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru The Nuttall Encyclopædia >>>:Didius, Julianus |
Marcus Severus Didius Iulianus (137-193) foi un emperador romano, nado en Mediolanum (Milán) probabelmente o 29 de xaneiro do ano 137.
Pertencía a unha familia senatorial e a súa nai era orixinaria de Hadrumentum (África), en relacións coa familia Antonina, polo que gozou dos favores de Domitila, a nai do emperador Marco Aurelio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi decemviro, cuestor, edil, pretor e legado de Acaia e de África. Na Xermania estivo ao mando da XXI lexión. En Bélxica detivo a invasión dos xermanos, polo que foi nomeado cónsul. Venceu aos chattis e dirixiu un repartimento de alimentos en Italia.
Durante o reinado de Cómodo, foi desterrado a Mediolanum, acusado de participar nunha conspiración contra do emperador, pero foi absolto e volveu gañar o favor imperial. Mais adiante foi gobernador de Bitinia, cónsul e procónsul de África e entre os anos 189-190 e 192-193 tivo o proconsulado de Asia. No ano 193, Didio Xuliano retirouse á vida privada.
Despois do éxito da conspiración contra de Pertinax, Didio Xuliano acercouse aos pretorianos para lles prometer cartos a cambio da subida ao poder. Flavio Sulpiciano, prefecto da cidade de Roma tamén entrou na poxa, polo que o imperio se estaba a vender ao mellor ofertante.
Didio Xuliano gañou ao ofrecer 25.000 sestercios para cada pretoriano. Foi confirmado polo Senado como emperador, pero odiado polo pobo que o consideraba culpábel de participar no asasinato de Pertinax, e non lle ofreceu ningunha honra fúnebre por medo ás reaccións de Roma. E pronto houbo sublevacións en Roma e outras cidades, polo que as lexións de Pannonia (actual Hungría) nomearon a Septimio Severo como emperador. O Senado declarou a Septimio Severo como inimigo público, pero este se encontraba preto de Italia, e puxo o seu exército cara a Roma, onde se presentaba como o vingador de Pertinax. Pronto tomou Rávena e a frota alí fondeada. Didio Xuliano enviou embaixadores para chegar a un acordo, e mesmo conseguiu que o Senado nomeara a Septimio Severo como emperador a carón del, pero este non aceptou.
A autoridade de Didio Xuliano ía rapidamente deteriorándose. Os pretorianos ao mando de Tulio Crispino foron derrotados, armou os gladiadores de Capua, e intentouno con magos para paralizar as armas do inimigo, pero só conseguiu que o Senado o condenase a morte e nomease como único emperador a Septimio Severo.
A sentenza cumpriuse o 1 de xuño nos recintos imperiais, onde foi decapitado.