David Seijo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1983 (41 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema |
David Seijo Sanmiguel, nado en Vilagarcía de Arousa o 25 de febreiro de 1983, é un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Recibiu formación completa no estudo Juan Carlos Corazza (2004-2009). Cursou diversos seminarios entre os que se poden destacar: Roles y registros con Catalina Lladó, Técnica con Manuel Morón, Espacio escénico con Jean Guy Lecat entre outros.
Desde mozo mostrou interese pola interpretación, involucrándose en proxectos teatrais e musicais. Logo de varios anos de estudo, trasládase á Coruña, lugar onde reside a súa familia paterna, para estudar Pedagoxía teatral.
Alí vincúlase a un grupo de comedia da arte chamada Estragón, co que representa varias funcións de teatro como Mariones ou Muertos vivos. Máis tarde márchase a Aviñón (Francia) para estudar Comedia da arte con Carlo Bosso e seminarios de pantomima e esgrima con Josef Markocki.
Cinema
[editar | editar a fonte]No mundo do cine colaborou nas películas León e Olvido (2004) e Rafael (2008), ambas de Xavier Bermúdez e en televisión en Rías Baixas (1999) e La Rosa de Alejandría (2003).
Logo de terminar a diplomatura decide marchar a Madrid para formarse na escola para o actor Juan Carlos Corazza. Fai varias curtametraxes como Cuando me recuerdes e Una vida a través del objetivo, e anuncios de televisión como o de Seat Ibiza 25 aniversario e Spot McCain. Non se desvincula de Galicia representando en múltiples ocasións Os berros do silencio, obra ambientada nos naufraxios da Costa da Morte.
Televisión
[editar | editar a fonte]Series
[editar | editar a fonte]Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- León e Olvido (2004)
- Rafael (2008)
- El barco (2011-) - como Ramiro (Antena 3).
- Néboa (2020) - como Cascudo (TVE).
- O sabor das Margaridas (2020) - (TVG)