Saltar ao contido

David Aganzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaDavid Aganzo

(2019) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) David Aganzo Méndez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata - 2015 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFIFPro (pt) Traducir, presidente (2021–)
Spanish Footballers Association (en) Traducir, presidente (2017–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1999-2000 Real Madrid Club de Fútbol C
2000-2001cesión Club de Fútbol Extremadura 16(5)
2000-2004 Real Madrid Club de Fútbol 4(0)
2001-2002cesión RCD Espanyol 11(0)
2002-2003cesión Real Valladolid 30(9)
2003-2004cesión Levante UD 33(9)
2004-2007 Racing de Santander 49(10)
2006-2006cesión Beitar Jerusalem FC (pt) Traducir 12(3)
2007-2008 Deportivo Alavés 30(11)
2008-2011 Rayo Vallecano 72(28)
2011-2012 Hércules Club de Fútbol 21(2)
2012-2014 Aris Salónica FC 38(12)
2012-2014 Aris Salónica FC
2014-2015 Club Deportivo Lugo 11(3) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1997-1998   Selección de fútbol sub-16 de España 11(5)
1998-1999   selección de fútbol sub-17 de España 8(6)
1999-2000   España sub-18 7(2)
1999-2001   selección de fútbol sub-20 de España 4(0)
2000-2003   Selección de fútbol sub-21 de España 13(3) Editar o valor em Wikidata

Twitter: davidaganzo FIFA: 177867 Editar o valor em Wikidata


David Aganzo Méndez, coñecido habitualmente como Aganzo, nado en Leganés (Madrid) o 10 de xaneiro de 1981, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Leganés, Madrid, Aganzo é froito da canteira do Real Madrid, onde pasou desde o equipo xuvenil directamente ao primeiro equipo, sen ter xogado antes nin en Segunda nin en Terceira. Así, debutaría co primeiro equipo madridista en Primeira división na tempada 1999-2000 o 20 de febreiro nun encontro en Mestalla ante o Valencia CF que remataría con empate 1-1. Ese ano acabaría xogando catro partidos de liga e un da Liga de Campións, concretamente na vitoria do seu equipo por 1-0 ante o Rosenborg Ballklub. Ese mesmo ano Aganzo engade ao seu palmarés o máximo título continental.

Nos seguintes anos sería cedido a outros clubs de Primeira División, o u de Segunda con aspiracións de ascenso: CF Extremadura, RCD Espanyol, Real Valladolid[1] e Levante UD. Co Valladolid, en Primeira, sería o máximo goleador do equipo esa tempada, mentres que ao ano seguinte sería peza clave no ascenso do Levante á Primeira División. Ao ano seguinte Aganzo deixa de ser xogador do Real Madrid e asina co Racing de Santander da máxima categoría, onde pese a destacar no primeiro ano, por mor das lesións sería menos habitual nos dous seguintes, onde mesmo foi cedido temporalmente ao Beitar Xerusalén FC en xaneiro.

Na seguinte tempada, Aganzo deixa o Racing e asina co Deportivo Alavés da Segunda División, contribuíndo con 10 goles a axudar á permanenecia do conxunto vasco. Ao ano seguinte asinaría co Rayo Vallecanoda mesma categoría, onde permanecería durante tres tempadas, chegando a meter 12 goles en tan só 30 partidos para os madrileños. Tras tres tempadas no conxunto de Vallecas, Aganzo ficha polo Hércules CF, aínda que unha tempada farta de lesión evita que poida dar o seu máximo nivel. Tras acabar a tempada no club alacantino marcha a Grecia para asinar co Aris Salónica, onde metería un total de 12 goles en 38 partidos na máxima categoría helena. Tras final o seu contrato co equipo mecedónico, asina o 18 de agosto de 2014 co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
1999-2000 Real Madrid Primeira 4 0
2000-2001 CF Extremadura Segunda 16 5
2001-2002 RCD Espanyol Primeira 11 0
2002-2003 Real Valladolid Primeira 30 9
2003-2004 Levante UD Segunda 33 9
2004-2005 Racing de Santander Primeira 26 7
2005-2006 Racing de Santander Primeira 17 3
2006-2007 Racing de Santander Primeira 6 0
2006 Beitar Xerusalén Premier Israel 12 3
2007-2008 Deportivo Alavés Segunda 30 11
2008-2009 Rayo Vallecano Segunda 30 12
2009-2010 Rayo Vallecano Segunda 19 9
2010-2011 Rayo Vallecano Segunda 23 7
2011-2012 Hércules CF Segunda 19 2
2012-2013 Aris FC Superliga Grecia 21 9
2013-2014 Aris FC Superliga Grecia 17 3
2014-2015 CD Lugo Segunda 11 3

Títulos[editar | editar a fonte]

Real Madrid
Selección española
  • Copa do Mundo de Fútbol Sub-20: 1999

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Aganzo, cedido al Valladolid" [David Aganzo, emprestado ao Valladolid] (en castelán). Diario AS. 28 de maio de 2002. Consultado o 11 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]