Dassault Rafale
Dassault Rafale | |
---|---|
Rafale C no Festival Aéreo da Coruña en 2014 | |
Tipo | caza multirrol |
Fabricante | Dassault Aviation |
Primeiro voo | Rafale A demo: 4 de xullo de 1986 Rafale C: 19 de maio de 1991 |
Introducido | 18 de maio de 2001 |
Produción | 1986 - presente |
Unidades construídas | 201 (2019) |
O Dassault Rafale é un caza multirrol francés bimotor con configuración canard e con á delta deseñado e fabricado por Dassault Aviation. Equipado cunha gran variedade de armas, o Rafale está deseñado para tarefas de superioridade aérea, interdición, recoñecemento, apoio a terra, ataque de profundidade, ataque anti-buque e disuasión nuclear. Dassault refírese ao Rafale como un avión "omnirrol".
A finais dos 70 a Forza Aérea Francesa e a Armada Francesa buscaban substituír e consolidar as súas frotas de avións. Co obxectivo de reducir custos de desenvolvemento e de impulsar as futuras vendas, Francia entrou no programa co Reino Unido, Alemaña, Italia e España para producir un áxil caza multipropósito, o Eurofighter Typhoon. Posteriores desacordos con respecto á repartición de traballo e diferentes requisitos fixeron que Francia crease o seu propio programa de desenvolvemento. Dassault construíu un demostrador tecnolóxico que voou por vez primeiro en xullo de 1986 como parte dun programa de probas de voo de oito anos, abrindo o camiño para darlle vía libre do proxecto. O Rafale diferenciase doutros cazas europeos da súa época en que está fabricado case enteiramente nun país, involucrando á meirande parte dos grandes contratistas de defensa franceses, como Dassault, Thales e Safran.
Gran parde do equiamento do avión e da súa aviónica, como a entrada de voz directa, o radar de barrido electrónico activo RBE2 AA e o sensor de busca e rastreamento por infravermellos optronique secteur frontal, desenvolvéronse e fabricáronse domesticamente para o programa Rafale. Orixinalmente planeouse a súa entrada en servizo para o ano 1996, pero o Rafale sufriu significativos atrasos debido a recortes no seu financiamento tras o final da Guerra fría e a cambios nas prioridades. O avións está dispoñible en tres versións principais: o Rafale C monopraza baseado en terra, o Rafale B bipraza baseado en terra, e o Rafale M monopraza baseado en portaavións.
Introducido en 2001, o Rafale é fabricado para a Forza Aérea Francesa e para operacións embarcadas na Armada Francesa. O Rafale foi comercializado para ser exportado a distintos países, sendo escollido polas forzas aéreas da India, Exipto, Qatar e Grecia. O avión usouse en combate en Afganistán, Libia, Malí, Iraq e Siria.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]A mediados dos anos 70 tanto a Forza Aérea de Francia (Armée de l'Air) como a Armada (Marine Nationale) tiñan requirimentos para unha nova xeración de cazas que substituísen aos que estaban a piques de ser dados de baixa do servizo.[1] Debido a que eses requirimentos eran semellantes, e para reducir custos, os dous departamentos publicaron unha petición común para que se presentasen propostas.[2] En 1975 o ministerio francés de aviación comezou a estudar un novo avión para complementar ao próximo e máis pequeno Dassault Mirage 2000, con cada un dos aparellos optimizados para distintos roles.[3]
En 1979, a compañía francesa Dassault uniuse ao proxecto de MBB/BAe "European Collaborative Fighter" (ECA) que foi renomeado "European Combat Aircraft".[4] A compañía francesa colaborou co deseño aerodinámico dun futuro caza bimotor monopraza; porén, o proxecto colapsou en 1981 debido a distintos requirimentos operacionais de cada país participante.[3] En 1983 iniciouse o programa "Future European Fighter Aircraft" (FEFA), participando Italia, España, Alemaña occidental, Francia e o Reino Unido para desenvolver conxuntamente un novo caza, aínda que os últimos tres países tiñan os seus propios proxectos.[5]
Varios factores levaron finalmente á marcha de Francia do proxecto. Ao redor de 1984 Francia insistía no seu requirimento para unha versión que puidese operar dende portaavións e demandou un papel de liderado. Tamén insistiu nun caza que puidese cambiar de rol que fose máis lixeiro que o do deseño que preferían as outras catro nacións. Alemaña, Reino Unido e Italia deixaron o proxecto e crearon o novo programa European Fighter Aircraft (EFA).[1] Os tres países acordaron continuar co EFA o 2 de agosto de 1985 en Turín, e confirmaron que Francia e España elixiran non unirse ao proxecto.[6][7] A pesar das presións de Francia, España volveu a unirse ao proxecto Eurofighter a pincipios de setmbro dese mesmo ano. O traballo conxunto dos catro países remataría no desenvolvemento do Eurofighter Typhoon.[8]
Fase de deseño e prototipo
[editar | editar a fonte]En Francio o goberno continuou co seu propio programa. O Ministro de Defensa francés solicitou un avión capaz de operacións aire-aire e aire-terra baixo calquera condición meteorolóxica. A diferenza doutros proxectos de cazas europeos da época que buscaban algún nivel de colaboración internacional e compartir os custos, Francia foi o único país en desenvolver a estrutura, aviónica, sistema de propulsión e armamento do Rafale, que substituiría a varios avións nas forzas armadas francesas. O Rafale realizaría roles anteriormente cubertos por varias plataformas especializadas, como os Jaguar, Mirage F1C/CR/CT, Mirage 2000C/-5/N na Forza Aérea, e os F-8P Crusader, Étendard IVP/M e Super Étendard na Aviación da Armada.[1][9]
No outono de 1978, antes de que Francia se unise ao ECA, Dassault fi contratada para desenvolver o proxecto ACT 92 (Avion de Combat Tactique). O seguinte ano a Oficina Naconal de Estudo e Investigación Aeronáutica comezou a estudar as posibles configuracións dun novo caza baixo o nome en código Rapace ("ave de presa"). En marzo de 1980 o número de configuracións reducírase a catro, dúas das cales tiñan unha combinación de canards, ás en delta e unha única deriva.[3] En outubro de 1982 o Ministrio de Defensa francés anunciou que Dassault fabricaría un demostrador tecnolóxico chamado Avion de Combat expérimental (ACX). Francia quería coaborar con Alemaña occidental e o Reino Unido no proxecto, pero estaba preparada para fabrical ela mesma o ACX. En 1984 o goberno decidiu proceder cunha variante de combate do ACX debido as conflitos cos criterios técnicos entre os participantes do programa FEFA.[3][10]
O demostrador tecnolóxico resultante, o Rafale A, é un gran caza con á en delta, con cánards móbiles e un sistema de control de voo fly-by-wire.[1] A fabricación do demostrador comezou en marzo de 1984, antes incluso de que se asinase un contrato coa Dirección Xeral de Armamento (DGA), a axencia de adquisicións de defensa francesa.[3] O Rafale A presentouse en decembro de 1985 en Saint-Cloud e realizou o seu primeiro voo o 4 de xullo de 1986 dende a base de Istres-Le Tubé, no sur de Francia.[1] Durante o voo dunha hora, o piloto xefe do proxecto Guy Mitaux-Maurouard levou ao avión a unha altura de 11 000 metros e a unha velocidade de Mach 1,3. O aparello de 9,.5 toneladas parou en 300 metros tras a súa aterraxe.[11]
Durante o programa de probas de voo o Rafale A realizou numerosas engalaxes e despegues diúrnos e nocturnos nos portaavións Clemenceau e Foch para investigar a visibilidade do piloto durante as operacións embarcadas. O avión acadou unha velocidade de Mach 2 e unha altura de 13 000 metros.[12] O demostrador estaba inicialmente impulsado polos turboventiladores General Electric F404-GE-400 con posqueimadores do F/A-18 Hornet, en vez de usar o Snecma M88, para reducir os riscos no primeiro voo e porque o reduce M88 non se consideraba o suficientemente maduro para o programa de probas inicial.[1][13] Non sería ata maio de 1990 cando o M88 substituíu o F404 no avión para permitirlle acadar Mach 1,4 e demostrar supercruceiro, ou un voo a velocidade supersónica sostida sen o uso de posqueimadores. Tras 865 voos con catro pilotos Rafale A retirouse en xaneiro de 1994.[1][12][14]
No tempo do primeiro voo do Rafale A Francia negociou sen éxito con Bélxica, Dinamarca, Países Baixos e Noruega sobre unha posible colaboración no Rafale como un proxecto multinacional; na época Bélxica estaba interesada no Rafale B. En xuño de 1987 o primeiro ministro Jacques Chirac declarou que o país continuaría co proxecto cun custo de 30 000 millóns de dólares. Posteriormente, o 21 de abril de 1988, o goberno francés premiou a Dassault cun contrato para catro prototipos do Rafale prototypes: un Rafale C, dous Rafale M e un Rafale B. Agardábase que o primeiro dos 330 Rafale que nun principio sería mercados entrase en servizo en 1996.[15][16][17][18] Porén, a caída do Muro de Berlín, que significou o final da Guerra fría, e a necesidade de reducir o déficit nacional, levaron ao goberno francés a reducir dracticamente os seus orzamentos para defensa; os orzamentos de 1994 para o programa Rafale reducíronse en 340 millóns de dólares. Este feito reducíu o número de pedidos, e Dassault e outras compañía involucaradas afirmaron que iso impedía unha boa xestión da produción e que aumentaría os custos e atrasaría a súa entrada en servizo. A Forza Aérea de Francia reorganizouse, o Mirage 5F retirouse completamente e un total de 55 Mirage F1C actualizáronse cunha configuración de caza táctico, pasando a designarse Mirage F1CT. Os recortes nos orzamentos prolongou o desenvolvemento do Rafale considerablemente.[1][19][20]
Durante o programa de probas de voo do Rafale A, o goberno francés tivo en conta en 1989 ao F/A-18 Hornet como un potencial substituto do avellentado F-8 Crusader, que levaba en servizo dende os anos 50. A Armada francesa entrou na compra de F/A-18 de segunda man con Australia, Canadá e os Estados Unidos, despois de que se decidise non actualizar os Crusader. A Armada estadounidense accedeu a subministrar dous F/A-18 a Francia para "probas de interoperabilidade" a bordo do portaavións Foch. O goberno francés finalmente non continuaría coa compra do aparello.[21][22]
Probas
[editar | editar a fonte]Para satisfacer os distintos roles esperados para novo avión, a Forza Aérea solicitou dúas variantes: o monopraza "Rafale C" (chasseur) e o bipraza "Rafale B" (biplace). O prototipo do modelo C (designado C01) realizou o seu primeiro voo o 19 de maio de 1991, marcando o comezo dun programa que tiña como obxectivos proncipais probar os motores M88-2, a interface home-máquina e as armas, e ampliar a envolvente de voo.[23] Debido ao recortes de orzamento nunca se chegou a construír un segundo prototipo monopraza.[24]
O C01 difería significativamente do Rafale A. Aínda que superficialmente era idéntico ao demostrador tecnolóxico, era mái pequeno e máis furtivo debido ao canopi recuberto de ouro, un redeseño da unión entre a fuselaxe e a deriva, e a adición de materiais de absorción de radar (RAM). No avión usáronse extensamente materiais compostos,reducindo a sección radar equivalente (RCS) e o peso. Ademais Dassault optou por non instalar entradas de motores variables e un freo aéreo dedicado, o que reducía as tarefas de mantemento e o peso.[25] O B01, o único prototipo da variante bipraza B, realizou o seu primeiro voo o 30 de abril de 1993.[23] Era 350 kg máis pesado que o monopraza, aínda que levaba 400 litros menos de combustible. O avión usouse para probar os sistemas de armas. Despois usouse para validar a separación das armas e o transporte da cargas grandes. A carga típica do aparello era de dous depósitos externos de 2 000 litros, dous mísiles de cruceiro Apache/Scalp, e catro mísiles aire-aire.[26]
Mentres tanto, a Armada buscaba un avión embarcado para substituír a súa frota de vellos Étendard IV Ms & Ps, F-8P Crusaders e Super Étendard Modernisés. Aínda que inicialmente modernizou os Crusader, co tempo o requirimento foi satisfeito co navalizado Rafale M. O M01, o prototipo naval, voou por primeira vez o 12 de decembro de 1991, seguido por un segundo o 8 de novembro de 1993.[23][27] Como Francia non tiña catapultas baseadas en terra, as probas de catapultaxe realizáronse inicialmente entre xullo e agosto de 1992 e a principios de 1993 en NAS Lakehurst, Nova Jersey. O vión realizou posteriormente probas a bordo do portaavións Foch en abril de 1993. O primeiro prototipo completou a terceira rolda de probas en Lakehurst en novembro e decembro de 1993.[28]
Fabricación e actualizacións
[editar | editar a fonte]Inicialmente o Rafale B ía ser só un adestrador, pero a guerra do Golfo mostrou que un segundo tripulante era moi útil en mesións de ataque e recoñecemento. Así, en 1991 a Forza Aérea cambiou as súas preferencias cara ao modelo bipraza, anunciando que a variante constituiría o 50% da súa frota de Rafale.[29] Orixinalmente íanse mercar 250 Rafale, pero a cantidade revisouse e rebaixouse primeiro a 234 avións, 95 Rafale A e 139 B,[27][30] e despois a 212.[29] A Armada pola súa banda tiña 60 unidades pedidas dos 86 iniciais debidos a recortes de orzamento.[27][29] Dos 60 25 serían monoprazas M e 35 biprazas Ns,[30] aínda que a versión bipraza foi cancelada posteriormente.[12]
A fabricación do primeiro avión de serie comezou formalmente en decembro de 1992, pero suspendeuse en novembro de 1995 debido a incertezas políticas e económicas. A produción reiniciouse en xaneiro de 1997 despois de que o Ministerio de Defensa e Dassault accederon a que se fabricasen 48 aparellos (28 en firme e 20 opcións) con entregas entre 2002 e 2007.[29] En decembro de 2004 anunciouse un novo pedido de 59 F3 Rafale.[31] En novembro de 2009 o goberno francés solicitou 60 avións máis para levar o número total de aparellos para a Forza Aérea e a Armada francesas a 180.[32]
Durante a fase de deseño do Rafale, Dassault aproveitouse do CATIA (Computer Aided Three-dimensional Interactive Application) de Dassault Systèmes, un software de deseño asistido por ordenador, fabricación e enxeñeria que se convertería en estándar dentro da industria.[33] CATIA permitiu mellorar a dixitalización e a eficiencia ao longo do programa Rafale, xa que implementou procesos recentemente desenvolvidos como as maquetas dixitais e a xestión de datos de produtos. Estaba formado por bases de datos de 15 GB de cada un dos compoñentes do Rafale, axudando en varios aspectos do deseño, fabricación e soporte.[33]
Segundo a revista francesa L'Usine nouvelle, agás varios compoñentes non sensibles que proceden dos Estados Unidos, o Rafale está fabricado case na súa totalidade en Francia. Diferentes elementos prodúcense en numerosas factorías de todo o país, e a montaxe final realízase preto do aeroporto de Bordeos-Mérignac. As superficies de control de voo fabrícanse en Haute-Savoie, a ás e a aviónica en Gironde, a fiselaxe central en Val-d'Oise, e os motores en Essonne.[34] Ao redor do 50% do Rafale é fabricado por Dassault e a outra metade divídese entre dous grandes socios, Thales e Safran, que teñen unha rede de 500 subcontratistas. En conxunto, o programa emprega a 7 000 traballadores. En 2012 o proceso de fabricación de cada caza levaba 24 meses, cunha produción anual de nove aparellos.[34]
As entregas da versión naval do Rafale eran prioritarias para substituír os xa moi vellos F-8 Crusader da Armada, polo que o primeiro modelo para a Armada Francesa realizou o seu voo de estrea o 7 de xullo de 1999.[35] O primeiro despregue naval foi en 2002 a bordo do Charles de Gaulle; en marzo de 2002 o portaavións estivo estacionado no golfo de Omán, onde a súa dotación de Rafale realizou operacións de adestramento.[36] En decembro de 2004 a Forza Aérea reciniu os seus tres primeiros Rafale B F2 no Centre d'Expériences Aériennes Militaires (CEAM) en Mont-de-Marsan, onde se lles asignou a tarefa de realizar unha avaliación operativa e adestramento de conversión de pilotos.[27]
O custo total do programa en 2013 fora duns 45 900 millóns de euros,[37] o que se traducía nun custo de desenvolvemento por unidade duns 160,5 millóns. Esta cifra ten en conta o hardware mellorado do estándar F3, e inclúe os custos de desenvolvemento durante un período de 40 anos, incluída a inflación.[38] O prezo unitario de engalaxe (flyaway cost) en 2010 era de 101,1 millóns de euros para a versión F3+.
En 2008 funcionarios franceses informaron de que se estaba considerando equipar o Rafale para lanzar satélites en miniatura.[39] En 2011 entre as actualización que se consideraban estaban un software de enlace de radio e satélite, unha nova cápsula para o sinalizador láser, bombas máis pequenas e melloras na capacidade de fusión de datos da aeronave.[40] En xullo de 2012 comezaron a realizarse melloras nas capacidades de comunicacións e interoperabilidade en combate do Rafale.[41]
En xaneiro de 2014 o Ministro de Defensa Jean-Yves Le Drian anunciou que se destinarían 1 000 millóns de euros ao desenvolvemento do estándar F3-R. O estándar integra o mísil Meteor BVR, entre outras armas e actualizacións de software, e foi validado en outubro de 2018.[42] O Rafale operará como principal avión de combate da Forza Aérea de Francia polo menos ata 2040[43] e será substituído polo Future Combat Air System.
Futuro substituto
[editar | editar a fonte]En 2018 Dassault anunciou que o sucesor do Rafale sería o New Generation Fighter. Este avión de caza desenvolvido por Dassault Aviation e Airbus Defence and Space, vai substituír os Rafale franceses, aos Eurofighter Typhoon alemáns, e aos F/A-18 Hornet españois a finais da década de 2030.[44]
Variantes
[editar | editar a fonte]- Rafale A
- Demostrador tecnolóxico que voou por vez primeira en 1986.[1]
- Rafale D
- Dassault usou esta designación (D de discrète) a principios dos anos 90 para salientar as novas características semi-furtivas do deseño.[45]
- Rafale B
- Versión de dous asentos (B de biplace) para a Forza Aérea de Francia.[23] Foi introducido en 2004 e nun principio ía ser un modelo só de adestramento, pero a experiencia da guerra do Golfo e da guerra de Kosovo demostrou que un segundo tripulante era moi importante, aumentando os pedidos desta variante.
- Rafale C
- Igual que o Rafale B pero versión monopraza para a Forza Aérea de Francia.[23] Tamén entrou en servizo en 2004.
- Rafale M
- Igual que o Rafale C pero embarcado para a Armada de Francia. Entrou en servizo no ano 2001. Para operacións en portaavións o modelo M ten unha estrutura reforzada, un tren dianteiro máis longo para elevar máis o morro, un gancho de parada máis longo entre os motores, e unha escaleira interna para embarcar. Debido a isto o Rafale M pesa uns 500 kg máis que o Rafale C.[46][47] ë o único caza non estadounidense que pode operar en portaavións dese país, usando as súas catapultas e equipos de detención.[48]
- Rafale N
- Orixinalmente chamado Rafale BM, foi unha versión bipraza planeada para a Aéronavale.[36] Problemas de orzamento e tecnicos fixeron que o programa fose finalmente cancelado.[12]
- Rafale R
- Variante proposta de recoñecemento.[49]
- Rafale DM
- Versión bipraza para a Forza Aérea de Exipto.[50]
- Rafale EM
- Versión monopraza para a Forza Aérea de Exipto.[51]
- Rafale DH
- Versión bipraza para a Forza Aérea da India.[52]
- Rafale EH
- Versión monopraza para a Forza Aérea da India.[53]
- Rafale DQ
- Versión de dúas prazas para a Forza Aérea de Qatar.
- Rafale EQ
- Versión dun só asento para a Forza Aérea de Qatar.
- Rafale DG
- Versión de dúas prazas para a Forza Aérea de Grecia.
- Rafale EG
- Versión dun só asento para a Forza Aérea de Grecia.
Operadores
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- Forza Aérea de Croacia - 12 Rafale C/B F3-R usados pedidos, 10 monoprazas C F3-R e 2 biprazas B F3-R. Os seis primeiros foron entregados o 25 de abril de 2024 (2 B + 4 C) e os seis restantes entregaranse en 2025.[54][55]
- Forza Aérea de Exipto - 24 en servizo e 24 pedidos en decembro de 2018.[56]
- Forza Aérea de Francia - 102 unidades.
- Mariña Nacional de Francia - 46 entregados dos que 41 están en servizo.[57]
- Forza Aérea da India - 36 pedidos (28 monopraza e 8 bipraza). 10 entregados.[58]
- Forza Aérea de Qatar - 26 perdidos con opcións para outros 36. En febreiro de 2020 recibira xa 23 avións.[59]
Futuros
[editar | editar a fonte]- Forza Aérea dos Emiratos Árabes Unidos - 80 Rafale F4 pedidos.[60]
- Forza Aérea de Indonesia - 42 Rafale F4 pedidos.[61]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Williams 2002, p. 92
- ↑ "Omnirole dès l'origine". Dassault Aviation. 2013-03-04. Archived from the original on 04 de marzo de 2013. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Storm warning: the Dassault Rafale is poised to become Europe's premier fighter-bomber". Journal of Electronic Defense. 2013-11-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ Buttler 2000, p. 134
- ↑ Eden et al. 2004, p. 168
- ↑ "3 European Countries plan Jet Fighter Project". The New York Times. 2012-04-11. Archived from the original on 11 de abril de 2012. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ Donne, Michael (3 de agosto de 1985). "Why three into one will go; Europe's new combat aircraft". Financial Times.
- ↑ "Eurofighter: Spain joins the club." The Economist, 17 de setembro de 1985, p. 68.
- ↑ "Killer angels: France's Rafale has fire, but will glory remain a mirage? (defense aircraft and electronics )". Journal of Electronic Defense. 2013-11-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ Flight International, xaneiro de 1983, p. 445
- ↑ Sedbon, xullo de 1986, p. 4
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 "Dassault-Aviation Rafale M". French Fleet Air Arm. 2012-09-02. Archived from the original on 02 de setembro de 2012. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ Spick 2000, p. 433
- ↑ Norris e Sedbon 1991, p. 35
- ↑ "France Decides to Build Own Advanced Warplane ;Aircraft May Compete With Eurofighter". The Washington Post. 2013-11-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ Sedbon e De Wulf 1986, p. 9
- ↑ Sedbon, xaneiro de 1986, p. 11
- ↑ Flight International, 1991, p. 34
- ↑ Sedbon, xuño de 1989, p. 42
- ↑ Flight International, 1994, p. 27
- ↑ Sedbon, outubro de 1989, p. 6
- ↑ "France to test F/A-18 on carrier this fall". Defense Daily. 2013-11-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 Eden et al. 2004, p. 169
- ↑ Williams 2002, pp. 92-93
- ↑ Williams 2002, p. 93
- ↑ Williams 2002, p. 94
- ↑ 27,0 27,1 27,2 27,3 "Le programme Rafale – Avions-militaires.net". archive.vn. 2012-07-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ Williams 2002, p. 95
- ↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 Eden et al. 2004, p. 170
- ↑ 30,0 30,1 Williams 2002, p. 108
- ↑ "France orders more Dassault Rafale combat aircraft". web.archive.org. 2013-05-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ "France approves contract for 60 more Rafales". web.archive.org. 2013-04-11. Archived from the original on 11 de abril de 2013. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ 33,0 33,1 "Rafale sets new standards in digital assembly". Interavia Business & Technology. 2013-11-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ 34,0 34,1 "Le Rafale, chasseur "Made in France" aux 7 000 emplois - Aéronautique". web.archive.org. 2012-02-04. Archived from the original on 04 de febreiro de 2012. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "French naval plane makes maiden flight". Agence France-Presse. 7 de xullo de 1999.
- ↑ 36,0 36,1 MacKenzie 2002, p. 36
- ↑ "Projet de loi de finances pour 2014 : Défense : équipement des forces et excellence technologique des industries de défense". www.senat.fr. Consultado o 2020-12-12.
- ↑ "Les sénateurs réévaluent le prix du Rafale - Aéronautique - Défense". web.archive.org. 2013-03-18. Archived from the original on 18 de marzo de 2013. Consultado o 2020-12-12.
- ↑ "Un Rafale lanceur de satellites". web.archive.org. 2011-03-16. Archived from the original on 16 de marzo de 2011. Consultado o 2020-12-17.
- ↑ "Libya Extends Rafale's Combat Experience". Defense News. 2012-07-31. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 2020-12-17.
- ↑ "Jean-Pierre Devaux : « Le Rafale restera au meilleur niveau technologique jusqu'en 2050 » - Les Echos". web.archive.org. 2013-06-21. Archived from the original on 21 de xuño de 2013. Consultado o 2020-12-17.
- ↑ "Rafale F3-R standard qualified by the DGA". Dassault Aviation (en inglés). Consultado o 2020-12-17.
- ↑ "Optimized airframe". web.archive.org. 2009-12-06. Archived from the original on 06 de decembro de 2009. Consultado o 2020-12-17.
- ↑ Trevithick, Joseph. "Eurofighter Consortium 2.0 Takes Shape As Spain Set To Join Franco-German Stealth Jet Program". The Drive. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ Gaines 1989, p. 80.
- ↑ Eden et al. 2004, p. 169.
- ↑ Williams 2002, pp. 94–95.
- ↑ "French Rafale lands on US aircraft carrier, Theodore Roosevelt - Safran". web.archive.org. 2014-11-29. Archived from the original on 29 de novembro de 2014. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ Richardson 2001, pp. 114–115.
- ↑ "The first Egyptian Rafale should be delivered within ten days". Defens-aero.com (en francés). 15 July 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 July 2015. Consultado o 16 July 2015.
- ↑ "Francia entregará la fragata FREMM a Egipto el próximo día 23". defensa.com (en castelán). 18 June 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 June 2015. Consultado o 18 June 2015.
- ↑ "Les Rafale indiens porteront la dénomination Rafale EH et Rafale DH". defens-aero.com (en francés). 11 January 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 January 2017. Consultado o 11 January 2017.
- ↑ "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 August 2017. Consultado o 8 August 2017.
- ↑ "Croatia and France finalize Rafale acquisition - Press kits". Dassault Aviation, a major player to aeronautics (en inglés). 2024-05-09. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ Perry, Dominic. "Croatia signs for used Rafales from France". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Egypt takes delivery of additional Rafales; looks to acquire more". defenceWeb (en inglés). 2017-12-01. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Rafale Marine : le M47 passe à la trappe". Mer et Marine (en francés). 2021-11-19. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Second batch of Rafale aircraft reaches India, says IAF". The Times of India (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Qatar Takes Delivery of Fifth Batch of Rafale Fighter Jets". DefPost (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Historical contract for the acquisition of 80 Rafale F4 by the United Arab Emirates - Press kits". Dassault Aviation, a major player to aeronautics (en inglés). 2024-05-09. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Indonesia purchases the Rafale - Press kits". Dassault Aviation, a major player to aeronautics (en inglés). 2024-05-09. Consultado o 2024-05-09.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Buttler, Tony (2000). British Secret Projects: Jet Fighters Since 1950. Hinckley, UK: Midland Publishing. ISBN 978-1-85780-095-1.
- Eden, Paul, ed. (2004). The Encyclopedia of Modern Military Aircraft. London: Amber Books. ISBN 978-1-904687-84-9.
- MacKenzie, Christina (19-25 demarzo de 2002). "Rafale Readies". Flight International (Londres: Reed Business Information) 161 (4824): 36–37. ISSN 0015-3710.
- Norris, Guy; Sedbon, Gilbert (10-16 de abril de 1991). "Power to Progress". Flight International (London: Reed Business Information) 139 (4262): 32–36. ISSN 0015-3710. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010.
- Sedbon, Gilbert (26 de xaneiro - 1 de febreiro de 1986). "Rafale partners sought formally". Flight International (London: Reed Business Information) 129 (3996): 11. ISSN 0015-3710. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2020.
- Spick, Mike, ed. (2000). The Great Book of Modern Warplanes. St. Paul, MN: MBI Publishing. ISBN 978-1-84065-156-0.
- Williams, Mel, ed. (2002). "Dassault Rafale". Superfighters, The Next Generation of Combat Aircraft. London: AIRtime Publishing. ISBN 978-1-880588-53-6.