Darktable
Aparencia
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
darktable | |
---|---|
Pantalla darktable 1.6 | |
Desenvolvedor(es) | Johannes Hanika |
Publicación inicial | 2009 |
Última versión | 3.2.1 (10 de agosto de 2020) |
Repositorio | github |
Escrito en | C e GTK+ |
Sistema operativo | Windows, macOS, FreeBSD, Linux, Solaris |
Lingua/s | Galego |
Tipo | Editor de imaxes |
Licenza | GNU General Public License 3 |
Sitio web | darktable.org |
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
É unha aplicación de software libre (dispoñible baixo a licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, Windows, macOS) e que conta cunha comunidade de usuarios extensa. A interface de Darktable está dispoñible en 21 idiomas.[1]
Características[2]
[editar | editar a fonte]- Posúe edición non destrutiva ao longo de todo o fluxo de traballo, as imaxes orixinais nunca se modifican.
- Procesamento de imaxes acelerado na GPU grazas á compatibilidade con OpenCL.
- Xestión profesional da cor: compatibilidade con perfís ICC incorporados para espazos de cor sRGB, Adobe RGB, XYZ e RGB lineais.
- Filtrado e clasificación avanzado: permite a procura por etiquetas, clasificación de imaxes, etiquetas de cor e moito máis.
- Formatos de imaxe soportados: importa formatos crus, de alto rango dinámico (JPEG, CR2, NEF, HDR, PFM, RAF…) e de baixo rango dinámico como (JPEG, PNG, TIFF, PPM)
- Permite o Tethered shooting (disparo e control remoto da cámara a través da interface de Darktable) con algúns modelos concretos de cámaras.
- Automatización de tarefas repetitivas: pode usarse a linguaxe Lua.
Novas características da versión 3.2.1
[editar | editar a fonte]- Revisión completa do código CSS para obter un aspecto profesional
- Módulos de localización e selector de cor actualizados
- É posible agregar regras CSS nas preferencias para modificar o aspecto de darktable, así como para controlar o tamaño de fonte e os valores de DPI
- Nova pantalla de histograma chamada RGB Parade
- Agregado soporte para gradientes curvos
- Agregado soporte para formato de arquivo AVIF
- Soporte para novas cámaras
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.mancomun.gal/artigo-tic/darktable-revelado-dixital-de-imaxes/
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020.