Saltar ao contido

Daimler-Benz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daimler-Benz
TipoSociedade Anónima
Fundación1926
LocalizaciónStuttgart, Alemaña Alemaña
Persoas claveKarl Benz, Gottlieb Daimler
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Na rede
http://www.daimler.de
editar datos en Wikidata ]
O icónico símbolo de Mercedes-Benz

Daimler-Benz foi un fabricante alemán de automóbiles, vehículos de motor e motor de combustión interna fundado en 1926. Un Acordo de interese mutuo, que era válido ata o ano 2000, foi asinado o 1 de maio de 1924 entre Karl Benz de Benz & Cie e Daimler Motoren Gesellschaft, que fora fundada por Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach. Daimler morrera en 1900, e Maybach abandonara en 1907.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Ambas compañías continuaron fabricando as súas marcas de automóbiles e motores de combustión interna por separado, ata que, o 28 de xuño de 1926, cando Benz & Cie e Daimler Motoren Gesellschaft fusionáronse formalmente. Convertéronse en Daimler-Benz AG (Aktiengesellschaft), e acordaron que a partir de entón, todas as fábricas usarían o nome comercial de "Mercedes-Benz" nos seus automóbiles. A inclusión do nome de Mercedes no novo nome de marca honrou a serie de modelos máis importante de automóbiles de DMG, a serie Mercedes, que foron deseñados e construídos por Wilhelm Maybach. Estes derivan o seu nome dun motor de 1900 que leva o nome da filla de Emil Jellinek. Jellinek converteuse nun dos directores de DMG en 1900, encargou un pequeno número de coches de carreiras construídos baixo as súas especificacións por Maybach, estipulou que o motor debía chamarse Daimler-Mercedes, e fixo o novo automóbil famoso nos deportes de motor. Ese coche de carreiras sería coñecido máis tarde como o Mercedes 35 CV. O primeiro dunha serie de modelos de produción que levaron o nome, Mercedes, foi producido por DMG en 1902. Jellinek deixou a xunta directiva de DMG en 1909.

O nome de Daimler como marca de automóbiles vendérase por DMG, logo da súa morte en 1900, para o uso por outras empresas (Daimler Motor Company e Austro-Daimler), polo que a nova compañía, Daimler-Benz, crearía confusión e problemas legais para incluír Daimler no seu novo nome de marca, e polo tanto, utilizouse Mercedes para representar os intereses de Daimler Motoren Gesellschaft. Karl Benz permaneceu como membro da xunta directiva de Daimler-Benz AG ata a súa morte en 1929.

Aínda que Daimler-Benz é máis coñecido pola súa marca de automóbiles Mercedes-Benz, durante a segunda guerra mundial tamén creou unha serie notable de motores para avións, tanques e submarinos. Daimler tamén produciu partes de armas alemás, sobre todo de canóns para o rifle Mauser. Durante a segunda guerra mundial Daimler-Benz empregou man de obra escrava. Os escravos "traballaban dezaoito horas ao día; aniñados baixo o látego, durmindo caniles de seis a oito pés cadrados, morrendo de fame ou conxelados no capricho dos seus gardas."[1]

En 1989 foi creada Daimler-Benz InterServices AG (Debis) para manexar o procesamento de datos, servizos financeiros e de seguros, e a xestión de bens raíces para o grupo Daimler.[2]

En 1998, Daimler-Benz AG comprou o fabricante de automóbiles estadounidense Chrysler Corporation, e formou DaimlerChrysler AG. Cando o Grupo Chrysler foi posteriormente vendido a Cerberus Capital Management e re nomeado como Chrysler LLC en agosto de 2007, o nome da empresa matriz foi cambiado a simplemente Daimler AG nun prazo de dous meses.

  1. Clarke, Alan. Barbarossa, Orion Books, 1995. ISBN 978-0-304-35864-9.
  2. "DaimlerChrysler AG - The History of Daimler-Benz AG". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 27 xaneiro 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]