Demanda Biolóxica de Osíxeno
Aparencia
(Redirección desde «DBO»)
A DBO (demanda biolóxica de osíxeno), é un parámetro que mide a cantidade de materia, nunha mostra líquida, susceptíbel de ser consumida ou oxidada por medios biolóxicos. Utiliza se para determinar o seu grao de contaminación. Normalmente mídese transcorridos uns 5 días (DBO5) e exprésase en miligramos de O2/litro.
É un método aplicábel en augas continentais (ríos, acuíferos,....), augas residuais ou calquera auga que poida conter unha cantidade apreciábel de materia orgánica