Conxo, Santiago de Compostela
Conxo | |
---|---|
Hospital provincial. | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′03″N 8°33′25″O / 42.8675, -8.55694444 |
Poboación | 456 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Conxo[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 1999, cando tiña 576 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada ao suroeste do centro urbano da cidade, á beira do río Sar.
Historia
[editar | editar a fonte]No castriño de Conxo consérvanse restos do poboado castrexo, e nel hai unha rocha con diferentes petróglifos.
Xa no século X apareceu o núcleo de poboación arredor da Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo. O castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII e foi destruído na Gran Guerra Irmandiña.
Trala división territorial de España en 1833 Conxo constituíuse como concello de seu. En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro. En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, ao que asistiron entre outros Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1873 saíu da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril.
Anexo á igrexa estaba o mosteiro de Santa María, abandonado trala desamortización, e no que o cardeal Miguel Payá creou en 1885 o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela. En 1925 o concello de Conxo pasou a formar parte do de Santiago de Compostela.
En 1957 os lugares do Castiñeiriño, O Combarro, O Casal e Outeiro pasaron a formar parte da nova parroquia do Castiñeiriño.[2]
Cultura
[editar | editar a fonte]Existe unha locución moi común referida a Conxo: Vaiche na misa en Conxo, que se di cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispo Sueiro, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver.[3].
En setembro celebran a festa na honra a San Serapio.[4]
Economía
[editar | editar a fonte]En Conxo ten a súa sede a multinacional galega das telecomunicacións Televés.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela.
-
Hospital psiquiátrico.
-
Hospital psiquiátrico.
-
Gravados do Castriño de Conxo.
-
Proxectís de catapulta do castelo da Rocha Forte.
-
Parque infantil.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Conxo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |
Parroquias de Santiago de Compostela
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Fernández Castiñeiras, Enrique (2001). "La iglesia de nuestra señora del Castiñeiriño, un nuevo ambiente arquitectónico para la administración de los sacramentos". En Balboa López, Xesús; Pernas Oroza, Herminia. Entre nós: Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 89. ISBN 84-8121-969-X.
- ↑ Rodríguez González, E. (1960). "ir". Diccionario enciclopédico gallego-castellano II. Vigo: Galaxia. p. 495-497.
- ↑ Galegas, Páxinas. "San Serapio de Conxo en Santiago de Compostela". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conxo, Santiago de Compostela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Fernández, E. (2021). Psiquiatría, corrupción y lucha de clases. La huelga del manicomio de Conxo (1933). Jaén: Piedra Papel Libros. ISBN 978-84-121882-7-1.