Saltar ao contido

Conversa:Editorial Galaxia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Como se pode ver na propia páxina web da editorial, é Editorial Galaxia, o de SA será obrigatorio en todo caso nos documentos oficiais.--Alex 23:10, 7 xaneiro 2008 (UTC)

O que estás a ver é o nome comercial e non o da personalidade xurídica que actúa como tal cunha denominación concreta. Se nos axustásemos a eses usos falariamos de Xerais Narrativa, Guias Galaxia, Alianza Aniversario, Aranzadi Online, Galaxia Guttenberg... pero non estariamos falando das empresas que xestionan esas marcas. Lansbricae (Ti dirás) 23:35, 7 xaneiro 2008 (UTC)

  • Que queres que che diga, penso que tes gana de discutir por nada, e non vou seguir nese camiño, adeus.--Alex 23:36, 7 xaneiro 2008 (UTC) Non creamos páxinas para o rexistro mercantil, nin somos un catálogo de nomes de personalidades xurídicas.--Alex 23:40, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Obviando o desprezo a procura de diálogo vou a expoñer o criterio que considero o adecuado e poloque movín a páxina ao nome completo: Unha persona física polo mero feito de nacer xa existe, non lle fai falla nada mais. Pola contra para que unha persoa xurídica exista ten que cumprir unha serie de requisitos, o principal elexir unha forma legal e dotarse dunha RAZÓN SOCIAl. Esta razón social non é libre é sen ela non se pode falar da existencia desa persona xurídica. Deste xeito a Editorial Galaxia, S.A. ata a súa inscrición no rexistro mercantil non existe como ente de ningún tipo cousa que non ocorrer cunha persona física. En definitiva, que a RAZÓN SOCIAL (véxase que non se fala de denominación) é unha exisencia sen a cal non se pode falar da existencia desa personalidade xurídica. Sen razón social non existe entidade, polo que non se pode optar neste caso por utilizar o nome máis habitual.

Non se trata polo tanto de legalizar a Galipedia, nin convertela nun rexistro mercantil, nin procurar discusión valeiras, trátase dun razoamento básico baseado no sistema legal que permitíu e segue a permitir a existencia desa e outras empresas, porque son empresas e do mesmo xeito que non se nos ocorre falar da Pedro Barrié de la Maza senón da Fundación Pedro Barrié de la Maza, non debemos falar de Editorial Galaxia e definila como unha editora galega, xa que é unha empresa editora galega. Ocorre que no mundo mercantilista no que vivimos as empresas teñen desenvolto un bo conxunt de nomes comerciais para os seus produtos que son lóxicamente de maior difusión que o nome da entidade, pero trátase de conceptos distintos, con finalidades distintas e que definen cousas que só teñen en común a empresa que está detrás delas e que se representa e adquire a súa existencia coa adopción da súa razón social. Eu como persona física non necesito desa razón social para existir unha empresa si.Lansbricae (Ti dirás) 11:21, 8 xaneiro 2008 (UTC)

  • Non sei se é S.A. ou non, pero por norma os títulos de artigos non levan esas siglas. --Banjo tell me 18:39, 8 xaneiro 2008 (UTC)

Reformulación kantiana

[editar a fonte]

Parece mentira que sexas unha persoa de letras, Lansbricae. A túa idea paréceme correcta e rigorosa, pero demasiado, ademais de anticuada e cuadriculada. Probablemente Galaxia teña departamentos que existan como entidades xurídicas independentes. Nunha enciclopedia do tamaño como a que temos non creo que sexa prudente considerar este tipo de diferencias. Como exemplo, vou citar varias regras de tres que estenderían o criterio de SA a outros contextos e que ti dirás se habería que aplicar tamén:

  • cando se titula o artigo do castro de Las ou do de Vilandonga, habería que incluír non só o concello e a provincia, se non tamén Galicia e/ou España;
  • o artigo de España debería ser Reino de España, e o de Italia debería ser Reppublica italiana - República italiana, porque é o nome oficial co que asinaron o tratado de Maastricht;
  • de feito, o nome en galego non debería aparecer, porque non é o nome oficial, e mentres non o traduza un tradutor xurado non deberíamos ser fonte primaria para crear tales traducións. Que pasa se dous tradutores xurados fan distinta tradución, refírense a entidades distintas?;
  • se se crease un artigo do hotel Araguaney, habería que incluír tamén a cidade, provincia e estado
  • que faríamos co modelo Ford Mondeo, por exemplo: Ford Ltd. Mondeo, Ford Limited Mondeo, Ford International Limited Mondeo?;
  • no propio artigo debería entón aparecer Editorial Galaxia S.A. (ou o que se decida de título) cada vez que se menciona a empresa ou institución;
  • temos unha chea de casos en categoría:Empresas e categoría:economía para ir comezando a cambiar;

Semella demasiado detallista ir cambiando o título de tanto artigo. Dubido ademais de se sociedade anónima debería ser con dúas iniciais maiúsculas, só a primeira ou ningunha, pois como non é nome propio non é distintiva de ningunha entidade. Que pasa se hai dúas leis que se contradin? (sabes que se dá o caso, e máis aínda se traballamos con sistemas xurídicos distintos). Non creo que conveña ser legalistas e exactos, simplemente reducirse ó mínimo comprensible que permita facer distincións. Se non fose así, nos títulos dos artigos, para falar do príncipe Felipe obrigaría a citar tódolos seus nomes e apelidos, falar dunha entidade xeográfica a súa ubicación completa, falar dunha empresa ata a súa sede social, falar dun ser vivo obrigaría a a citar o autor do nome científico, o ano e ata o día do descrición e o libro co título orixinal, falar dun libro do número e ano de edición; tanto nos títulos como cada vez que se menciona no texto do artigo. Todos queremos ser respectuosos coa realidade, pero non de xeito que impida a comprensión. A lei non é o único criterio para ser lóxicos ou exactos. -- Sobreira (parlez) 22:03, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Entendo o razoamento, pero o certo é que no caso dunha Fundación ou unha asociación inclúsese tal denominación e non se ten porque engadir localidade, nación ou continente. Entendo tamén que no caso de Galaxia, que é un exemplo no artigo ten que quedar claro que se trata dunha empresa, xa que editoras poden ser ou non empresas. Coido que a opción que xa empregara de engadir as siglas (segundo o Código mercantil serían as dúas en maiúsculas e ao final da denominación, ou todo o texto antes da denominación) pode non semellar unha boa solución pero era a que me parecía mellor e ninguén se opuxera antes A nivel xeral son partidario de engadir ao título dun artigo os datos necesarios que sirvan para unha clara identificación da persona de que trate, e dicir, nome e dous apelidos, e a razón social para as persoas xurídicas. No caso das persoas físicas está claro que se debe empregar o nome máis habitual (outra cousa é establecer cal é), no caso das personas xurídicas semella aplicarse por analoxía o mesmo. No caso de Galaxia creo que non se trata dun grupo de empresas, pero comecei a ter dúbidas con La Voz de Galicia. O artigo falaría do xornal ou da empresa, empresa que ten outros produtos con outras denominacións. Esa diferenciación foi a que me fixo modificar varios nomes seguindo ese criterio (teño que buscalos e desfacelos). Asumo que os criterios a seguir son os actuais e non vou a mover ningún outro artigo, pese a pensar persoalmente que co medre do fondo de artigos se chegue a un momento no que se valore incluir a razón social completa como título dun artigo. O que xa non entendín foi que se trocara o cambio feito por mín sen comentarme nada, xa que se así se fixese sería eu mesmo quen desfaría o feito e introduciría ou non a proposta de engadir as siglas na páxina de conversa da política procedente, pero eso xa pasou e non vou a insistir máis no tema. Completamente de acordo en que a lei non é o único criterio para ser lóxicos e exactos, incluso máis moitas veces hai que alonxarse dela. Lansbricae (Ti dirás) 22:27, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Probablemente foi porque avisar a tódolos usuarios de cada artigo ralentizaría toda a xestión. Hai que tomar decisións controvertidas ás veces, pero un exceso de celo paralizaría todo demasiado. -- Sobreira (parlez) 22:46, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Entendo, pero tamén que sería máis contraproducente que todos fixesemos o mesmo. Lansbricae (Ti dirás) 23:15, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Editorial Galaxia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 06:11 (UTC)[responder]