Saltar ao contido

Conversa:Bótox

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Botox ou bótox? No título vai sen acento gráfico e no interior si o leva. --Atobar (conversa comigo) 10:53, 12 de xuño de 2010 (UTC)

  • A falta de que o recolla o VOLGa expresamente, cómpre aplica-las regras xerais de acentuación, e ó non rematar en -n, -s ou grupo distinto de -ns, ten que levar til. Pedro --Lameiro (conversa) 11:02, 12 de xuño de 2010 (UTC)
    • En realidade é un nome comercial. Probablemente debería de escribirse con maiúscula e cursiva: Botox e seguramente sen acento. É como dicir Angileptol, Almax, Frenadol... O nome químico da substancia é toxina botulínica tipo A (tamén hai B), da cal hai tres denominacións comerciais, unha delas é Botox ®, que é a que se fixo máis famosa. Como é tan famosa non sei se se pode tratar xa como un nome común, xa que nese caso poderiamos poñer bótox, pero se non, penso que é mellor Botox. Por outra parte, fixen a páxina toxina botúlica (ou botulínica) e deixei nesa páxina unha conversa por se hai que fusionalas ou ver que se fai con wikidata.--Miguelferig (conversa) 19 de abril de 2014 ás 17:10 (UTC)[responder]