Concordia de Antealtares
Concordia de Antealtares | |
---|---|
Lingua | lingua latina |
Data de pub. | 1077 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Concordia de Antealtares é un diploma do ano 1077, asinado entre Faxildo, o abade do Convento de San Paio de Antealtares e Diego Páez, bispo de Santiago de Compostela[1].
Características
[editar | editar a fonte]No documento os monxes bieitos cedían terreos para construír a cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, o que supuña a destrución de parte do mosteiro.
Na concordia relátase por vez primeira o descubrimento, de xeito milagroso, do sartego do apóstolo Santiago o Maior. Segundo o texto, durante as noites, os fregueses da igrexa de San Fiz de Solovio apreciaban, procedentes dun castro das proximidade, cantos celestiais e unha choiva de estrelas iluminando un punto. A explicación deste feito sobrenatural foille revelada a un eremita chamado Paio: o sartego do apóstolo Santiago estaba baixo a choiva de estrelas. Paio comunicou a revelación a Teodomiro, bispo de Iria Flavia, e este levou a nova a Afonso II, rei de Galicia, quen ordenou que se levantase unha pequena igrexa no lugar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Concordia de Antealtares". Xacopedia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrade Cernadas, J. M. (2017). "La Concordia de Antealtares en su contexto histórico". En Francisco Javier Fernández Conde, Raquel Alonso Álvarez. Los reyes de Asturias y los orígenes del culto a la tumba del apóstol Santiago. pp. 109–126. ISBN 978-84-17140-03-8.
- Sanmartín Barros, I. (2015). "Concordia de Antealtares". Camiño (A Orixe): Cidade da Cultura de Galicia, Museo Centro Gaiás, 13.03-13.09 de 2015. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Museo Centro Gaiás. pp. 174–176. ISBN 978-84-453-5184-0.