Saltar ao contido

Concepción Pazo Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConcepción Pazo Álvarez
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1907 Editar o valor en Wikidata
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 1994 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCelestino López López Editar o valor en Wikidata
IrmánsEduardo Pazo Álvarez Editar o valor en Wikidata

María de la Concepción Pazo Álvarez, nada na Estrada o 30 de novembro de 1907 e finada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1994, foi unha mestra galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla da mestra Emilia Alvarez Silva e de Pelayo Pazo Alvarez. Estudou maxisterio e foi nomeada mestra interina de Carbia en xaneiro de 1935,[1] renunciando ao posto,[2] e despois de Coucieiro (Val do Dubra).[3] No franquismo foi agregada de inspección en Santiago de Compostela ata que en 1946 decidiu reunirse co seu home exiliado en México. Arribou a Cidade de México o 5 de xaneiro de 1947.[4] Traballou como mestra de primaria no Colegio Madrid. Logo da morte do seu home en 1963, retornou a Galicia en 1971. Reintegrouse ao maxisterio en 1973 sendo destinada a Forcarei e posteriormente foi mestra no Colexio Rosalía de Castro do Grove, onde se xubilou en 1977.[5] Finou en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1994.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou na Estrada con Celestino López López en 1935.[7]

  1. El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11.
  2. El Noticiero Gallego, 25-1-1935, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 21-7-1935, p. 1.
  4. Ficha en Departamento de Migración. Secretaría de Gobernación de México
  5. El Pueblo Gallego, 4-12-1977, p. 17.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia6-7-1994, p. 76.
  7. El Pueblo Gallego, 11-9-1935, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]