Comité olímpico nacional
Comité olímpico nacional | |
---|---|
Acrónimo | NOK e NOC |
Tipo | organización |
Na rede | |
https://olympics.com/ioc/national-olympic-committees e https://olympics.com/cio/comites-nationaux-olympiques | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un comité olímpico nacional (NOC, polas súas siglas en inglés) é a sede nacional de cada país encargada polo Comité Olímpico Internacional de «fomentar e protexer o Movemento Olímpico nos seus respectivos países».[1] Pode nomear cidades das súas áreas respectivas como candidatas para Xogos Olímpicos futuros. Estes comités tamén promoven o desenvolvemento dos atletas e preparan aos adestradores e oficiais nun nivel nacional.
Estados membros
[editar | editar a fonte]Até 2016, existen 206 comités nacionais, representados por nacións soberanas e algúns territorios dependentes. Os 193 países pertencentes ás Nacións Unidas teñen un comité olímpico nacional ademais doutros trece territorios:
- República da China, designado como China Taipei polo COI.
- Autoridade Nacional Palestina, designada como Palestina polo COI.
- República de Kosovo, designada como Kosovo polo COI.
- Catro territorios dos Estados Unidos: Samoa Americana, Guam, Porto Rico e as Illas Virxes dos Estados Unidos.
- Tres territorios británicos: Bermudas, Illas Virxes Británicas e Illas Caimán.
- Unha área pertencente aos Países Baixos: Aruba. As Antillas Neerlandesas perderon o seu status en xullo de 2011, como consecuencia da disolución das Antillas Neerlandesas.
- Hong Kong, unha rexión administrativa especial da República Popular da China.
- Illas Cook, un estado asociado de Nova Zelandia.
Asociación de Comités Olímpicos Nacionais
[editar | editar a fonte]Os comités olímpicos nacionais son membros da Asociación de Comités Olímpicos Nacionais (ACNO), a cal tamén está dividida en cinco asociacións segundo o seu continente:
Continente | Asociación | CON | CON máis antigo | CON máis novo | |
---|---|---|---|---|---|
África | Asociación de Comités Olímpicos Nacionais de África | 53 | Exipto (1910) | Sudán do Sur (2015)[2] | |
América | Organización Deportiva Panamericana | 41 | Estados Unidos (1894) | Dominica (1993) Saint Kitts e Nevis (1993) Santa Lucía (1993) | |
Asia | Consello Olímpico de Asia | 44 | Xapón (1912) | Timor Leste (2003) | |
Europa | Comités Olímpicos Europeos | 50 | Francia (1894) | Kosovo (2014) | |
Oceanía | Comités Olímpicos Nacionais de Oceanía | 17 | Australia (1895) | Tuvalu (2007) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carta Olímpica - versión en castelán. Capítulo 4: Los Comités Olímpicos Nacionales (CON) Comité Olímpico Ecuatoriano. Consultado o 30 de xuño de 2012.
- ↑ "Sudán del Sur se convierte en el 206º miembro del Movimiento Olímpico". infolibre.es (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comité olímpico nacional |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)