Comarcas da Rexión de Murcia
Aparencia
A Rexión de Murcia é unha comunidade autónoma española. O punto segundo do artigo 3 do Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia prevé a creación de comarcas:[1]
2. A Comunidade Autónoma de Murcia organízase territorialmente en municipios e comarcas.Os municipios gozan de plena personalidade xurídica e autonomía para a xestión dos intereses que lles son propios.
As comarcas gozan tamén de plena personalidade xurídica, así como de autonomía para o cumprimento dos fins que lles sexan atribuídos pola Lei.
Non obstante, a Asemblea Rexional de Murcia aínda non aprobou unha lei de comarcalización.
Comarcas
[editar | editar a fonte]A seguinte división comarcal foi realizada polo Consello Rexional de Murcia, ente preautonómico, en 1980, antes da aprobación do actual Estatuto de Autonomía, baseándose no informe do seu gabinete técnico. Esta división comarcal é a que con frecuencia utiliza a administración rexional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leggio Contenidos y Aplicaciones Informáticas, ed. (1982). "Lei Orgánica 4/1982, de 9 de xuño, Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia". Consultado o 8 de outubro de 2009.