Charo Lopes
Aparencia
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) María del Rosario López Sánchez 1988 (35/36 anos) Boiro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, fotógrafa |
Empregador | Portal Galego da Língua Novas da Galiza |
Pseudónimo literario | Charo Lopes |
Páxina web | umaqualquer.com |
María del Rosario López Sánchez, coñecida como Charo Lopes, nada en Boiro en 1988, é unha activista e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e con estudos de fotografía na Escola de Artes Antonio Failde, onde formou parte da creación da revista caleidoscopica.gal.[1] Dedícase á fotografía. Militou en AMI. Na actualidade traballa como xornalista freelance, alén de coordenar o Portal Galego da Lingua e a imaxe no xornal Novas da Galiza.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Ten publicado dous libros de poesía: De como acontece a fin do mundo, que obtivo o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2015,[3] e Álbum premiado co Premio de poesía Cidade de Ourense en 2019.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Caleidoscopica". Consultado o 12 de xullo de 2022.
- ↑ "Quem é UMA? - umaqualquer". umaqualquer.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "O Premio Fiz Vergara Vilariño descobre a poeta Charo Lopes". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 24 de xuño de 2015.
- ↑ "María del Rosario López Sánchez gañou o Premio de Poesía Cidade de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 06 de xullo de 2019.