Saltar ao contido

Cementita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cementita ou carburo de ferro é un composto químico de fórmula Fe3C e estrutura en forma de cristal ortorrómbico. Contén 6,67% de carbono e 93,33% de ferro. É un material duro e quebradizo e, a pesar de ser comumente clasificado como cerámica na súa forma pura, é mais utilizado na metalurxia. Fórmase a partir da austenita arrefriada ou da martensita por temperado. Combinada con ferrita forma parte da bainita e martensita. É un material duro e fráxil e a súa presenza tende a evitarse nas aliaxes que teñen que soportar esforzos.