Cefminox
Cefminox | |
---|---|
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cefminox é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. En España foi comercializado baixo o nome de Tencef.
Espectro de acción
[editar | editar a fonte]Cefminox é activo fundamentalmente fronte a bacterias gramnegativas tanto aerobias coma anaerobias. É activa fronte a diversas enterobacterias coma Escherichia coli. Ten importante actividade anaerobicida, especialmente fronte a Bacteroides. Non é activo fronte a Enterobacter, Citrobacter, Serratia e outros bacilos gramnegativos non fermentadores[1].
Dosificación
[editar | editar a fonte]A dose convencional é de 2 gramos cada 12 horas. Soamente existe formulación parenteral (dispoñible so nalgúns países). Non hai datos de seguridade en insuficiencia renal.
Embarazo e lactación
[editar | editar a fonte]Non hai datos suficientes para facer recomendacións categóricas[2].
Interaccións con outros fármacos
[editar | editar a fonte]A administración conxunta con aminofilina pode descender a actividade do fármaco. Non se debe mesturar con alcol por risco de efectos secundarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155.
- ↑ "Ficha técnica de "cefminox" da AEMPS" (PDF). 1999. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2018. Consultado o 12 setembro de 2018.