Caudal Deportivo de Mieres
Caudal Deportivo | |||
---|---|---|---|
Nome | Caudal Deportivo de Mieres | ||
Alcume(s) | Caudalistas, Mierenses | ||
Fundación | 6 de xullo de 1918 (106 anos) | ||
Estadio | Hermanos Antuña, Mieres, España | ||
Inauguración | 1951 | ||
Capacidade | 2.940 | ||
Presidente | Luis María García | ||
Adestrador | Luis Rueda | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 2 | ||
2020–21 | 3ª – Grupo 2 (A): 4.º de 11 3ª – Grupo 2 (D): 2.º de 6 | ||
Na rede | |||
http://caudaldeportivo.es | |||
| |||
O Caudal Deportivo de Mieres é un club de fútbol de España, da cidade de Mieres en Asturias. Foi fundado en 1918 e actualmente xoga na Terceira División RFEF.
Historia
[editar | editar a fonte]O fútbol chegou a Mieres co século XX. En 1914 púidose organizar o primeiro equipo estable, o Sporting de Mieres, que aínda non estaba federado e acabou desaparecendo aos 4 anos. Nese mesmo ano, 1918, xurdiu a súa substitución, esta vez con todos os papeis en regra para a competición rexional, o Racing Club de Mieres. Tras a guerra civil o goberno español prohibe os estranxerismos e o club pasa a denominarse Caudal Deportivo de Mieres o 3 de xaneiro de 1941.[1]
En 1946 o club ascende a Terceira División, e en 1951 a Segunda División, descendendo de volta desde Segunda a Terceira en 1958.
Desde a tempada 1968-69 o Caudal Deportivo atópase no Grupo I da Terceira División ata 1975, cando finaliza penúltimo, 19º lugar, con 22 puntos e descende a Rexional. Tan só unha tempada despois na 1975-76 proclámase campión de Rexional Preferente e ascende novamente a Terceira. Na tempada 1976-77 no Grupo I da Terceira División clasifícase 8º con 39 puntos. Con este posto lógrase clasificar para a recentemente creada categoría de Segunda B.
Na tempada 2009-10 o Caudal consegue quedar campión de liga na Terceira División quedando clasificado para a promoción á Segunda División B, e o 23 de maio de 2010 consuma o seu ascenso ao eliminar ao Jumilla CF.[2] A tempada seguinte volta á Terceira División. Ese mesmo ano volve proclamarse campión e, o 27 de maio de 2012, o Caudal gaña por 3-0 ao Yeclano Deportivo e volta a Segunda B.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Hermanos Antuña.
O Caudal Deportivo xoga os seus partidos como local no estadio Hermanos Antuña, con capacidade para 7.500 persoas aproximadamente.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1946/47 | 3ª | 8º |
1947/48 | 3ª | 5º |
1948/49 | 3ª | 9º |
1949/50 | 3ª | 1º |
1950/51 | 3ª | 2º |
1951/52 | 2ª | 8º |
1952/53 | 2ª | 10º |
1953/54 | 2ª | 12º |
1954/55 | 2ª | 13º |
1955/56 | 2ª | 4º |
1956/57 | 2ª | 11º |
1957/58 | 2ª | 15º |
1958/59 | 3ª | 2º |
1959/60 | 3ª | 1º |
1960/61 | 3ª | 6º |
1961/62 | 3ª | 3º |
1962/63 | 3ª | 1º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1963/64 | 3ª | 1º |
1964/65 | 3ª | 3º |
1965/66 | 3ª | 3º |
1966/67 | 3ª | 2º |
1967/68 | 3ª | 5º |
1968/69 | 3ª | 17º |
1969/70 | 3ª | 4º |
1970/71 | 3ª | 11º |
1971/72 | 3ª | 12º |
1972/73 | 3ª | 10º |
1973/74 | 3ª | 16º |
1974/75 | 3ª | 19º |
1975/76 | Rexional | — |
1976/77 | 3ª | 8º |
1977/78 | 2ªB | 16º |
1978/79 | 2ªB | 20º |
1979/80 | 3ª | 3º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1980/81 | 3ª | 3º |
1981/82 | 3ª | 12º |
1982/83 | 3ª | 8º |
1983/84 | 3ª | 1º |
1984/85 | 3ª | 8º |
1985/86 | 3ª | 2º |
1986/87 | 3ª | 1º |
1987/88 | 2ªB | 18º |
1988/89 | 3ª | 3º |
1989/90 | 3ª | 4º |
1990/91 | 3ª | 1º |
1991/92 | 3ª | 2º |
1992/93 | 3ª | 2º |
1993/94 | 3ª | 1º |
1994/95 | 3ª | 1º |
1995/96 | 3ª | 4º |
1996/97 | 3ª | 3º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1997/98 | 2ªB | 15º |
1998/99 | 2ªB | 16º |
1999/00 | 2ªB | 14º |
2000/01 | 2ªB | 9º |
2001/02 | 2ªB | 19º |
2002/03 | 3ª | 1º |
2003/04 | 2ªB | 19º |
2004/05 | 3ª | 7º |
2005/06 | 3ª | 5º |
2006/07 | 3ª | 1º |
2007/08 | 3ª | 7º |
2008/09 | 3ª | 7º |
2009/10 | 3ª | 1º |
2010/11 | 2ªB | 16º |
2011/12 | 3ª | 1º |
2012/13 | 2ªB | 4º |
2013/14 | 2ªB |
Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]- Alvarito
- Andrés
- Capi
- Pelayo Cidón
- Manuel David
- Paco Fernández
- Rafa Gómez
- Esteban Gutiérrez
- David Lago
- José Antonio Quiroga
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División de España (14)
- Subcampión da Terceira División (5)
- Copa RFEF (Fase Asturias) (3): 1995, 1998, 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia do club". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2010.
- ↑ RTPA 23-05-2010[Ligazón morta]