Catarroja
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | provincia de Valencia | |||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Sud | |||
Capital | Catarroja | |||
Poboación | ||||
Poboación | 29.316 (2023) (2.255,08 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 13 km² | |||
Altitude | 16 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Arcanxo Miguel | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jesús Monzó i Cubillos | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 46470 | |||
Código INE | 46094 | |||
Código ARGOS de concellos | 46094 | |||
Sitio web | catarroja.es | |||
Catarroja é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud. Limita con Albal, Alcàsser, Massanassa, Paiporta, Picanya, Torrent e a cidade de Valencia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado na comarca da Horta Sud, atópase a 8 km da capital Valencia e moi preto do lago valenciano por excelencia, a Albufeira. O seu porto da Albufeira é famoso, grazas ao cal converteuse na berce de l'all i pebre (allo e pemento prato típico valenciano no cal a base principal é a anguía).
Esténdese por unha extensa chaira aluvial afundida dende o Mioceno, que se eleva dende o mar Mediterráneo até os cerros do oeste.
A horta e o elemento máis definitorios da paisaxe, onde a Albufeira coas súas barcas, a pesca, o porto e o cultivo do arroz son a razón da súa existencia. Os campos de arroz coas pequenas construcións que albergan os motores de auga e os hortos de laranxas conforman a paisaxe agraria na actualidade. O clima é mediterráneo.
Economía
[editar | editar a fonte]É unha vila de tradición pesqueira, aínda que pouco a pouco esta vaise perdendo, mais tamén ten unha ampla zona de horta, e sobre todo o cultivo arroz, o cal cultívase na ribeira da Albufeira, no Camí del Port.
En canto á industria destaca de xeito importante o sector do moble. Tamén pódese destacar a existencia dun forte tecido empresarial situado no seu polígono.
Accesos
[editar | editar a fonte]Accédese a esta localidade dende Valencia, por estrada, tomando a CV-4001. Tamén ten estación de ferrocarril da liña de Cercanies València C-1 e C-2 (RENFE).