Casa de Anne Frank
A Casa de Anne Frank (en neerlandés: Anne Frank Huis) é un museo biográfico dedicado á escritora xudía e vítima do nazismo Anne Frank. A casa atópase na rúa da canle Prinsengracht, preto do Westerkerk, no centro de Ámsterdam, nos Países Baixos.
Durante a segunda guerra mundial, Anne Frank agochouse da persecución nazi coa súa familia e catro persoas máis nas habitacións ocultas da casa da canle, coñecidas como o "Anexo secreto" (en neerlandés: Achterhuis). Ela non sobreviviu a guerra mais o seu diario de guerra foi publicado en 1947. Dez anos despois creouse a Fundación Anne Frank para protexer a propiedade duns investidores que querían derrubar o bloque de edificios.
O museo abriu o 3 de maio de 1960. O museo preserva o espazo oculto, ten unha exhibición permanente sobre a vida de Anne Frank e outro dedicado a tódalas formas de persecución e discriminación. En 2013 e 2014, o museo tivo 1,2 millóns de visitantes, sendo o terceiro museo nos Países Baixos, despois do Rijksmuseum e do museo Van Gogh.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de Anne Frank |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en neerlandés)