Carnada
Chámase carnada, ou engado, a calquera alimento ou substancia que o imita utilizados para atraer a unha presa,[1] na pesca e na caza.
O obxecto da carnada é o de atraer a un animal (peixe, crustáceo ou molusco) a a unha trampa (por exemplo, unha nasa) e, nos casos dos peixes, sobre todo a que mordan un anzol. Na caza, o de atraer ao animal ao lugar onde se encontra o cazador, ou a unha trampa.[1]
A carnada na pesca
[editar | editar a fonte]O termo utilízase especialmente con respecto á pesca con anzol (corricán, palangre, liña, con cana etc.). A carnada pínchase no anzol de xeito que o peixe poida quedar enganchado nel no momento en que se dispón a comela.
Na pesca deportiva tradicionalmente as miñocas, insectos e peixes máis pequenos utilizábanse adoito para este propósito. Porén, o uso de carnadas naturais foi restrinxido en moitas zonas de España, debido á súa alta eficacia. No seu lugar, os pescadores utilizan carnadas sintéticas, e onxectos como as cucharillas.
Ademais das carnadas de plástico os pescadores comezaron a utilizar engados electrónicos para atraeren aos peixes.
Debido ao risco de transmitir enfermidades, a troita e o salmón non deben ser utilizados como ccarnada.
As carnadas naturais poden dividirse en:
- Simples.
- Animais. Adecuados para as especies depredadoras.
- Vexetais. Recomendados para a pesca en auga doce en ríos con pouca corrente.
- Compostos. Son carnadas que requiren algún tipo de preparación, e nas que interveñen diferentes substancias.
Entre as carnadas artificiais encóntranse:
- Os peixes artificiais
- As plumas e os vinilos
- As "cucharillas"
A carnada na caza
[editar | editar a fonte]O uso de engados é unha práctica común na caza do leopardo nos safaris. Un pequeno antílope morto (ou unha cabra), colócase na parte alta dunha árbore para enganar ao leopardo. O cazador sitúase, agochado, a unha distancia de tiro e axexa ao animal, xeralmente de noite, para matalo cando vai a coller o engado.
O engado tamén se usa, en determinados países, para a caza do oso. Nas zonas de caza pódense encontrar adoito engados á venda nas gasolineiras e os almacéns de artigos de caza. O engado consiste nun pouco de substancia, a miúdo melaza doce, combinada con algunha outra substancia aromática, por exemplo carne ou peixes putrefactos. Colócasde a engado, e o cazador espera baixo cuberto á súa presa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Comida que se emprega para atraer os peixes e animais.Definición de carnada Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., no dicionario da RAG.