Camboño, Lousame
Camboño | |
---|---|
Igrexa parroquial de Camboño. | |
Concello | Lousame[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°45′16″N 8°55′02″O / 42.75435278, -8.91725278 |
Poboación | 188 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Camboño[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Lousame. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 188 habitantes (90 homes e 98 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É a parroquia máis occidental do concello, no val do río Hornada. Limita ao noroeste con Porto do Son, ao nordeste con Noia, ao sur con Boiro, e con Tállara ao leste, a través da serra da Barbanza.
Na parte baixa do val estendese as terras de cultivo e os núcleos de poboación máis accesibles, Chousa, Crons e Camboño.
Historia
[editar | editar a fonte]Aquí atópanse as primeiras mostras de poboamento, as mámoas, do concello de Lousame.
Durante o Antigo Réxime, pertenceu ás xurisdicións de Noia, rexida polo arcebispo de Santiago de Compostela e na provincia homónima.
A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a substitución por unha administración municipal. En 1823, coa derogación da constitución por Fernando VII, restaurando o réxime señorial. Coa definitiva recuperación do municipalismo en 1835, incorporouse ao actual concello de Lousame.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Xoán atópase no lugar da Igrexa. En Camboño está a ermida de Santa María A Gorgosa. Varios dos muíños de Camboño foron reconstruídos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro e fonte.
-
Fraga en Camboño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Camboño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Camboño no concello de Lousame (A Coruña) | |
---|---|
Arxellas | Chousa | O Corral de Abaixo | O Corral de Arriba | Crons | A Eirexa | Millaradelo | Monteselo | Nabal | Soutelo |