Calcio Padova
Padova | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Calcio Padova | |||
Alcume(s) | Biancoscudati, Euganei, Patavini | |||
Fundación | 29 de xaneiro de 1910 | |||
Estadio | Euganeo Padua, Italia | |||
Inauguración | 1994 | |||
Capacidade | 32.420 | |||
Presidente | Alessandra Bianchi | |||
Adestrador | Bruno Caneo | |||
Liga | Serie C | |||
2021/22 | 2º | |||
Na rede | ||||
http://www.padovacalcio.it/ | ||||
| ||||
O Calcio Padova, coñecido simplemente como Padova, é un club de fútbol italiano con sede en Padua, que milita na Serie C. Fundado en 1910 e refundado en 2014, xogou durante 16 tempadas na Serie A, a última delas na campaña 1995/96. As cores do equipo son o branco e o vermello.
Historia
[editar | editar a fonte]O club viviu a súa época dourada a finais da década de 1950, cando, dirixido por Nereo Rocco, alcanzou o terceiro posto da Serie A na tempada 1957/58, liderado no ataque polo goleador sueco Kurt Hamrin.[1] Trala marcha deste, Sergio Brighenti e Aurelio Milani tomaron a súa remuda na dianteira, e o equipo mantívose na máxima categoría ata 1962. O club pasou o resto da década de 1960 na Serie B antes de sufrir un serio declive, do que non se repuxo ata os anos 80. Con todo, a pesar de ser un equipo de segunda, deu a sorpresa en 1967 acadando a final da Copa Italia, onde se enfrontou ao Milan. O triunfo foi para o equipo lombardo, cun solitario gol de Amarildo.[2]
Tras varios ascensos e descensos entre Serie B e a Serie C, o Padova regresou á Serie A en 1994 despois de 32 anos de ausencia.[3] O equipo conseguiu manter a categoría unha campaña, pero na seguinte volveu caer á Serie B, e nos seguintes anos sufriu dous novos descensos ata a Serie C2. Non foi ata 2009 cando volveu acadar a Serie B.
Na tempada 2013/14 da Serie B, o Padova descendeu despois de rematar 20º, e o 15 de xullo de 2014, o equipo non se inscribiu no campionato da Lega Pro 2014/15. En abril de 2015, a entidade foi liquidada.
Biancoscudati Padova
[editar | editar a fonte]O club foi refundado no verán de 2014, co nome de Società Sportiva Dilettantistica a r.l. Biancoscudati Padova, trala non inclusión do Calcio Padova na Lega Pro nin na Serie D.[4] O 19 de abril de 2015, grazas a unha vitoria por 1-2 contra o Legnago, o equipo logrou o ascenso á Lega Pro.[5] O 5 de xuño de 2015 cambiou o seu nome a Biancoscudati Padova Spa e un mes despois recibiu un novo nome, Calcio Padova Spa, despois de que o antigo Calcio Padova cambiase o seu nome a Football Padova Spa – società in liquidazione.
En total, o Calcio Padova participou en 11 campionatos da Prima Divisione / Divisione Nazionale entre 1914 e 1929 (obtendo como mellor lugar o terceiro posto na campaña 1922/23) e 16 campionatos da Serie A entre 1929 e 1996 (cun 3º posto como mellor resultado na tempada 1957/58). Disputou ademais 34 campionatos da Serie B (proclamándose campión no de 1947/48).
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Serie B (1): 1947/48.
- Serie C (1): 1936/37, 2017/18.
- Serie C2 (2): 1980/81, 2000/01.
- Serie D (1): 2014/15.
- Copa Italia Serie C (2): 1979/80, 2021/22.
- Supercopa de Serie C (1): 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cervi, Gino (19 de novembro de 2019). "Quando Faina divenne Uccellino. Il calcio di Kurt Hamrin" (en italiano). Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ "Padova finalista di Coppa: una rarità storica" (en italiano). 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ "Amarcord: un Padova da serie A" (en italiano). 22 de agosto de 2022. Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ "Avv. Chiacchio: “Non solo l’ACP1910 ha fatto richiesta di ammissione alla D, ma è arrivata anche la risposta. Padova caso clamoroso, poteva essere in B”" (en italiano). 6 de agosto de 2014. Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ "Il Padova torna nel calcio che conta: battuto il Legnago, è Lega Pro!" (en italiano). 19 de abril de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en italiano).
- Datos do club Arquivado 07 de setembro de 2022 en Wayback Machine. no sitio web da Serie A (en italiano).
- Datos do club en Transfermarkt (en italiano).
- Museo do Calcio Padova (en italiano).