COMETS
COMETS (Kakehashi) | |
---|---|
Tipo | Satélite de comunicacións. |
Organización | NASDA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 21 de febreiro de 1998[1][2][3] |
Foguete portador | H-2[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[2] |
Obxectivo da misión | Telecomunicacións/experimental.[2][4][5] |
NSSDC ID | 1998-011A |
Masa | 2000 kg[2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 15.757,4 km[1] |
Inclinación | 30,1 graos[1] |
Apoapse | 17.722,5 km[1] |
Periapse | 1050,7 km[1] |
COMETS (acrónimo de Communications and Broadcasting Engineering Test Satellite), coñecido tamén co nome de Kakehashi[3] (significando ponte[5]) é un satélite de comunicacións experimental xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1998 mediante un foguete H-2 desde o centro Espacial de Tanegashima.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]O obxectivo de COMETS foi probar novas tecnoloxías en comunicacións relacionadas coas comunicacións interorbitais, emisións avanzadas, servizos móbiles desde órbita e mellora de grandes satélites xeoestacionarios. Durante o lanzamento, o fallo da segunda etapa do foguete H-2 deixou ao satélite nunha órbita máis baixa do previsto, impedíndolle alcanzar a órbita xeoestacionaria.[2][3][4] Tras varias manobras orbitais o satélite foi posto nunha órbita recorrente desde onde se puideron levar a cabo algúns dos experimentos.[4]
As operacións co satélite finalizaron o 6 de agosto de 1999.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COMETS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "COMETS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 April 1999 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-84383 (E)). 25 de maio de 1999. Consultado o 31 de decembro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "COMETS (Kakehashi)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "COMETS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.