CEIP López Ferreiro
CEIP López Ferreiro | |
---|---|
Avda. de Xoán XXIII, a carón do centro | |
Enderezo | |
Avenida de Xoán XXIII, Santiago de Compostela | |
Datas | |
Educación | |
Ensinanzas | Educación infantil e educación primaria |
Xestión | |
Tipo | público |
Titularidade | Xunta de Galicia |
Na rede | |
Web |
O CEIP López Ferreiro é un colexio urbano pertencente á rede pública de colexios da Xunta de Galicia, situado na zona antiga de Santiago de Compostela, entre a avenida de Xoán XXIII e a rúa Xasmíns.
Características
[editar | editar a fonte]A súa zona de influencia é a zona vella de Santiago mais recibe alumnado de toda a cidade e de localidades e concellos limítrofes.
Os seus inicios datan do ano 1849, no que se creou por Real Decreto a Escola Normal Superior da Universidade Literaria de Santiago de Compostela, que comezou a súa andaina no Colexio de San Xerome, na praza do Obradoiro.
O centro leva o nome do escritor e historiador galego Antonio López Ferreiro (Santiago de Compostela, 1837- Vedra, 1910). Actualmente, impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos).
O CEIP López Ferreiro réxese polos principios de tolerancia, igualdade, solidariedade, inclusión, innovación e participación, facendo unha aposta específica polo uso da lingua galega.