Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers
AMPTE/CCE | |
---|---|
AMPTE/CCE | |
Tipo | Estudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre. |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 16 de agosto de 1984[1][2][3] |
Foguete portador | Delta 3924[2][4][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2] |
Duración da misión | 5 anos |
Obxectivo da misión | Estudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[2] |
NSSDC ID | 1984-088A |
Masa | 242 kg[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 31 768,6 km[1] |
Inclinación | 5,2 graos[1] |
Apoapse | 49 759,3 km[1] |
Periapse | 1035,9 km[1] |
Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers ou AMPTE foi unha misión espacial internacional consistente en tres satélites artificiais adicados ó estudo da interacción entre os ións do vento solar e a magnetosfera terrestre, ó transporte difusivo-convectivo, á enerxización das partículas da magnetosfera e á interacción de plasmas no espazo. Os tres foron lanzados a bordo dun foguete Delta 3924 desde o Centro Espacial Kennedy o 16 de agosto de 1984.[2][4][6][7][8]
Características
[editar | editar a fonte]A misión estaba composta por tres satélites: CCE (Charge Composition Explorer), proporcionado pola NASA; IRM (Ion Release Module), proporcionado pola República Federal de Alemaña; e UKS (United Kingdom Subsatellite), proporcionado polo Reino Unido.[6]
CCE
[editar | editar a fonte]CCE (Charge Composition Explorer) adicábase a detectar ións traza de litio e bario liberados desde o IRM e que eran transportados pola magnetosfera ata a órbita do CCE. O satélite estabilizábase por xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación contido no plano ecuatorial. A nave utilizaba unha cinta cunha capacidade de 2x108 bits como medio de almacenamento de datos. Dispoñía de transpondedores en banda S cunha potencia de 2,5 vatios. A alimentación eléctrica procedía dun panel solar que xeraba 140 vatios de electricidade. O satélite empezou a fallar a principios de 1989, perdéndose o contacto o 12 de xullo dese mesmo ano.[2][6]
Levaba cinco instrumentos a bordo:[5]
- Experimento de composición do plasma quente (Hot Plasma Composition Experiment, HPCE).
- Analizador de partículas de enerxía media (Medium Energy Particle Analyzer, MEPA).
- Espectrómetro de carga-masa-enerxía (Charge-Energy-Mass Spectrometer,CHEM).
- Experimento de ondas de plasma (Plasma Wave Experiment, PWE).
- Magnetómetro.
AMPTE/IRM | |
---|---|
Tipo | Estudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre. |
Data de lanzamento | 16 de agosto de 1984[4][7][9] |
Foguete portador | Delta 3924[7][10] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[7] |
Obxectivo da misión | Estudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[7] |
Decaemento | 8 de decembro de 1987[9] |
NSSDC ID | 1984-088B |
Masa | 705 kg[7][10] |
IRM
[editar | editar a fonte]IRM (Ion Release Module) era a parte da misión construída por Alemaña e tiña a función de soltar gases cunha composición determinada que eran ionizados e detectados tanto por CCE como por UKS para estudia-lo comportamento no interior da magnetosfera e na magnetocola, así como a súa interacción co vento solar. O satélite estabilizábase mediante xiro a 15 revolucións por minuto, co eixo de xiro inicialmente no plano da eclíptica para posteriormente ser axustado a ángulos rectos con respecto daquel plano. A enerxía proporcionábaa un panel solar que produdcía 60 vatios de potencia e baterías redundantes. Dispoñía dun sistema de telemetría en banda S, podendo transmitir a 1 ou 8 kbps en frecuencias de 2103,64375 MHz (subida) e 2284,50 MHz (baixada).[7][9][10]
O satélite deixou de funcionar o 14 de agosto de 1986. Levaba os seguintes instrumentos:[10]
- Experimento de solta de ións.
- Magnétometro triaxial de porta de fluxo, cun rango de medicións entre 0,1 e 60 000 nT e entre 3 50 Hz.
- Analizador de plasma tridimensional de 30 canais para electróns de entre 14 eV e 30 keV e ións de entre 20 eV/q e 40 keV/q.
- Espectrómetro de masas para separación de ións.
- Espectrómetro de ondas de plasma de 64 canales.
- Analizador de cargas iónicas de enerxía supratermal.
Inicialmente IRM foi inxectado nunha órbita de 44,2 horas de período, unha inclinación orbital de 28,7 graos, un apoxeo de 119 268 km e un perixeo de 550 km. Debido ó baixo perixeo, o satélite reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1987.[4][9]
AMPTE/UKS | |
---|---|
Tipo | Estudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre. |
Data de lanzamento | 16 de agosto de 1984[8][11][12] |
Foguete portador | Delta 3924[4][8][13] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[8] |
Obxectivo da misión | Estudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[7] |
Decaemento | 8 de decembro de 1988[9] |
NSSDC ID | 1984-088C |
Masa | 77 kg[8] |
UKS
[editar | editar a fonte]UKS (United Kingdom Subsatellite) era un subsatélite do IRM e foi inxectado nunha órbita inicial cun período de 44,25 horas, unha inclinación orbital de 28,696 graos, un apoxeo de 121 047,5 km e un perixeo de 6885,5 km.[11] A súa función era axudar a distinguir entre a estrutura espacial e os cambios temporais no plasma despois da liberación de ións por parte de IRM. As medicións eran similares ás de IRM e incluían campos magnéticos, ións positivos e electróns, ondas de plasma e modulacións nos fluxos de ións e electróns. O satélite estabilizábase mediante xiro a 12 revolucións por minuto e utilizaba a banda S nas súas comunicacións. Dispoñía dun sistema de propulsión mediante gas frío e un radar de VHF para permanecer a unha distancia relativamente curta de IRM, duns poucos centos de quilómetros. A alimentación eléctrica do satélite fallou o 15 de xaneiro de 1985 e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1988.[6][8][12][13]
O satélite levaba os seguintes instrumentos:[13]
- Analizador de modulación de partículas.
- Analizador tridimensional de electróns.
- Analizador tridimensional de ións.
- Magnetómetro triaxial.
- Espectrómetro de ondas de plasma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CCE 1 (AMPTE)" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (8 de xullo de 2011). "AMPTE/CCE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ "Letter dated 26 October 1984 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (84-29076). 21 de novembro de 1984. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Note verbale dated 11 December 1984 from the Permanent Representative of the Federal Republic of Germany to the United Nations addressed Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (84-34171). 26 de decembro de 1984. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: CCE (AMPTE 1)" (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "AMPTE" (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 NASA (8 de xullo de 2011). "AMPTE/IRM" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 NASA (8 de xullo de 2011). "AMPTE/UKS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IRM 1 (AMPTE)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2011.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "IRM (AMPTE 3)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2011.
- ↑ 11,0 11,1 "Note verbale dated 9 August 1985 from the Permanent Representative of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland to the United Nations addressed Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (85-23413). 21 de agosto de 1985. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de setembro de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2011.
- ↑ 12,0 12,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "UKS 1 (AMPTE)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2011.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "UKS (AMPTE 2)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2011.