CAPWAP
Control And Provisioning of Wireless Access Points (CAPWAP) é un protocolo de rede interoperable estándar que lle permite a un controlador de acceso dunha rede de área local sen fíos xestionar unha serie de puntos de acceso sen fíos. A especificación desbríbese en RFC 5415.
Características
[editar | editar a fonte]CAPWAP baséase en Lightweight Access Point Protocol (LWAPP)[1]. A máquina de estados de CAPWAP é semellante á de LWAPP, co engadido do establecemento dun completo túnel DTLS. O estándar ofrece xestión da configuración e dos dispositivos, permitindo que as configuracións e o microprograma se dirixan os puntos de acceso.
O protocolo usa unha encapsulación e un mecanismo de transporte xenérico, sendo así independente dunha tecnoloxía de radio específica. A especificación CAPWAP para unha tecnoloxía concreta de rede sen fíos denomínase nexo. O nexo IEEE 802.11 establécese en RFC 5416.
CAPWAP usa os portos UDP 5246 (canle de control) e 5247 (canle de datos).
Implementacións
[editar | editar a fonte]Un exemplo de implantación de software de CAPWAP é OpenCAPWAP[2]