Saltar ao contido

Cávea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cávea do teatro romano de Mérida.
Os diferentes niveis da cávea no Teatro romano de Bosra (actual Siria). Ima cavea en azul, media cavea en vermello e summa cavea en amarelo.
A división da cávea do Coliseo en sectores e as diferentes persoas que os ocupaban.

Na antiga Roma, a cávea (do latín cavĕa: cavidade, oco), designa a parte dun teatro ou anfiteatro romano onde se atopan as bancadas sobre as cales sentaban os espectadores que asistían ás representacións ou espectáculos. Formada por bancadas ascendentes en forma de socalcos e distribuído, nos teatros maiores en diversos pisos e seccións.[1] Ocasionalmente, o termo tamén se aplica ás bancadas do circo romano.

Aínda que, inicialmente, nos anfiteatros romanos era a palabra que servía para denominar os lugares no subterráneo, onde se colocaban as gaiolas das feras, pronto pasaría a denominar o espazo que ocupaba o público.

A cávea está formada polo conxunto de fileiras concéntricas de bancadas que tanto poden ser cortadas ou sobrepostas na ladeira dun outeiro, como soportadas por arcadas construídas dentro da estrutura do edificio.

Segundo fose a importancia do edificio, as fileiras de bancadas podían estar divididas en sectores diferenciados. Así, distinguíanse tres partes:

  • A ima cavea, tamén chamada cavea prima, ou primeira fila: era o lugar destinado aos senadores (no caso do Coliseo), e ás persoas máis importantes da cidade (nos casos restantes) e os equites.
  • A media cavea: o lugar que ocupaban as categorías intermedias.
  • A summa cavea: destinada á plebe, dentro da cal estaba a cavea ultima ou última fila.

Os accesos ás bancadas facíanse por baixo, utilizando unha rede de galerías cubertas chamadas vomitorios (vomitorium). Os accesos que comunican a cavea co proscenio, recibía o nome de versura.[2]

A cavea divídese verticalmente en cunei (plural do latín cuneus, "cuña"), en forma de cuña separados polas scalae ou scalaria (escaleiras verticais). Na arquitectura grega recibía o nome de koilón.

  1. Albizu, José Luis (1985). Diccionario Rioduero - el arte en la antigüedad. Madrid: La Editorial Católica. ISBN 84-220-1187-5. 
  2. Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid, España: Akal. p. 212. ISBN 978-84-460-0924-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]