Saltar ao contido

Bryonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bryonia é un xénero de plantas rubideiras perennes con gabiáns, da familia das cucurbitáceas. De follas palmadas e lobuladas. As flores nacen arracimadas nas axilas dos talos. Os froitos son bagas lisas e globulares.

Algunhas das especies teñen uso medicinal, aínda que todas son tóxicas debido ás substancias irritantes que conteñen.

Da especie Bryonia alba existen oito variedades establecidas en Europa.

Toxicidade

[editar | editar a fonte]

Todos os órganos aéreos das especies do xénero Bryonia conteñen substancias cuxo consumo pode provocar problemas na saúde humana segundo o compendio publicado pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria en 2012. En concreto detectouse a presenza de substancias derivadas de triterpenos tetracíclicos osixenados tales como a cucurbitacina.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1012. 1753.[2]

Especies aceptadas

[editar | editar a fonte]

A continuación dáse un listado das especies do xénero Bryonia aceptadas até novembro de 2014, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.

Raíz de Bryonia.
  1. European Food Safety Authority (EFSA) (2012). "Compendium of botanicals reported to contain naturally occuring substances of possible concern for human health when used in food and food supplements" (PDF). EFSA Journal 10 (5): 2663. doi:10.2903/j.efsa.2012.2663. 
  2. "Bryonia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]