Saltar ao contido

Brynäs IF Dam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brynäs IF
Fundación1912
Cidade Gävle,
Gästrikland
Suecia
EstadioMonitor ERP Arena
(7 909 persoas)
LigaSDHL
AdestradorHenrik Glaas
CoresNegro, vermello e amarelo
                 
Na rede
https://www.brynas.se/sdhl
Facebook: Brynäs-IF-Dam-162302560474734 Instagram: brynasdam Editar o valor en Wikidata

O Brynäs IF Dam é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gävle (Suecia). Actualmente compite na Svenska damhockeyligan, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco. Xoga os seus partidos como local no Monitor ERP Arena, un pavillón con capacidade para 7 909 persoas.

Comezou as súas operacións contra o ano 1981.

Se ben non é doado determinar con exactitude o ano no que o Brynäs IF iniciou as súas actividades no hóckey sobre xeo feminino, e é difícil atopar datos dos seus primeiros anos, de acordo con Tony Östlund adoita sinalarse o ano 1981. Non é ata 1984 cando a Asociación de Hóckey sinala no seu informe anual que tanto o Brynäs como o Heby presentaron os seus equipos femininos o Día do Hóckey en Gavlerinken.[1]

Sábese indirectamente que o equipo competiu na tempada 1985-86 na division I, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco na época, xa que en documentos referentes á tempada 1986-87 sinálase que o equipo finalizou na terceira posición por detrás de Nacka e Farsta, e que o Brynäs competiu "tamén esta tempada".[1] Na tempada 1987-88 o equipo caeu nos cuartos de final do campionato sueco.[2]

En 1989 celebrouse na cidade alemá de Düsseldorf o primeiro Campionato de Europa feminino de hóckey sobre xeo e catro xogadoras do equipo (Petra Wickström, Maria Hedlund, Camilla Kempe e Karin Andersson) formaron parte do equipo sueco. Ese mesmo ano disputáronse por primeira vez os play-offs da liga sueca, nos que o equipo de Gävle chegou ás semifinais, onde caeu fronte o MoDo a pesar de contar coa vantaxe de campo.[1] No partido pola medalla de bronceo equipo perdeu fronte o Alvesta SK.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
SDHL
  • 7 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2010, 2011, 2012, 2013, 2021, 2022, 2023[4]
  • 11 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1992, 1994[5]
  1. 1,0 1,1 1,2 "DAMHOCKEY PÅ TOPPNIVÅ I 30 ÅR" (en sueco). Brynas.se. 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de decembro de 2024. 
  2. "Sweden (W) - 1987-1988" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 10 de decembro de 2024. 
  3. "Sweden (W) - 1988-1989" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 11 de decembro de 2024. 
  4. "SM Finaler sedan starten 1988" (en sueco). sswehockey.se. Consultado o 22 de decembro de 2024. 
  5. "SM för damer sedan starten 1988" (PDF) (en sueco). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]