Brent Jett
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1958 (66 anos) Pontiac, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) Naval Postgraduate School (pt) Northeast High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial, aviador, astronauta, Enxeñeiro de aviación |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | capitán de navío |
Tempo no espazo | 41 días, 18 horas e 1 minuto |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Brent Ward Jett Jr., nado en Pontiac, Míchigan, o 5 de outubro de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-115, STS-72, STS-97 e STS-81.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jett graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1981 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1989.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992. Participou nas misións STS-115, STS-72, STS-97 e STS-81. De novembro de 2007 a febreiro de 2011 foi director de operacións de voos tripulados no Centro Espacial Johnson e de marzo de 2010 a xaneiro de 2013 foi xerente adxunto do programa de voos comerciais tripulados da NASA. Deixou a NASA en xaneiro de 2013.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Jett, Brent Ward Jr" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 2011). "Brent W. Jett" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brent Jett |