Brandon Jennings
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1989 (35 anos) Compton, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Manuel Dominguez High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Brandon Byron Jennings, nado o 23 de setembro de 1989 en Compton (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,85 metros de alzada, xoga na posición de base.
É curmán do xogador do PBC Lokomotiv Kuban, Marcus Williams.[1] Despois de graduarse na Academia Oak Hill decidiu xogar profesionalmente ao baloncesto en Italia en lugar de xogar na liga universitaria coa Universidade de Arizona.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Liga italiana
[editar | editar a fonte]Tras formar parte en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[2] ademais de conseguir na súa época de instituto case tódolos premios posibles a nivel individual, cunhas medias de 35,5 puntos e 6,8 asistencias por partido,[3] renunciou a senllos compromisos que tiña coas universidades de USC e Arizona por problemas de alcanzar o nivel académico, decidindo irse a xogar unha tempada á Lottomatica Roma da liga italiana.[4]
En Roma xogou 27 partidos de liga, nos que fixo 5,5 puntos e 2,3 asistencias, ademais de 2,1 roubos de balón, único aspecto no cal apareceu nas clasificacións da liga entre os 20 mellores.[5] O seu mellor rexistro anotador conseguiuno na Euroliga, nun partido ante Unicaja de Málaga, no que anotou 17 puntos.[3]
Polémica con Ricky Rubio
[editar | editar a fonte]En xuño de 2009, Jennings fixo unhas polémicas declaracións nas que deixaba en mal lugar ao base español Ricky Rubio, comparándoo con el mesmo:
É todo publicidade, xogou os Xogos Olímpicos, é profesional desde os 14 anos... todo iso lévache a pensar que é correcto que estea aquí. Cando xoguei con el, as súas estatísticas foron cero puntos, dúas asistencias e dous balóns perdidos, como pode ser iso?. Creo que son mellor xogador que el, tiro mellor, as únicas veces que lle vin facer algo bo é un pase de béisbol ou algo así[6]
Poucos días despois, tras darse conta da magnitude das súas palabras, pediu perdón publicamente a través do seu Twitter:
Creo que me pasei. Equivoqueime dicindo que el é todo propaganda, non é xusto. Equivoqueime. Fóra da pista, Ricky Rubio é un gran tipo. Nunca quixen faltarlle ao respecto. De todos os xeitos penso que son o mellor xogador do draft e debo ser número 1.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi elixido na décima posición do Draft da NBA de 2009 por Milwaukee Bucks.[7] O 15 de novembro de 2009, converteuse no xogador máis novo da historia en anotar máis de 50 puntos no mesmo partido (55 puntos ante os Golden State Warriors)
O 31 de xullo de 2013, Jennings foi traspasado ós Detroit Pistons mediante un sign-and-trade, a cambio do base Brandon Knight, o aleiro Khris Middleton e o pivote Viacheslav Kravtsov.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brandon Jennings: 'I Can Run a Team'". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010.
- ↑ "McDonald's All American Teams". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 "NBA.com - DRAFT 2009 Prospects - Brandon Jennings". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010.
- ↑ A estrela universitaria Brandon Jennings rompe coa NCAA e márchase a Italia
- ↑ "Estatísticas de Jennings en Roma". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 10 de abril de 2010.
- ↑ Brandon Jennings "racha" de Ricky Rubio
- ↑ "2009 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010.
- ↑ "Pistons complete trade with Bucks for Jennings". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 31 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 2 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 24 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1989
- Nados en Compton, Estados Unidos
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks
- Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Washington Wizards