Saltar ao contido

Bisonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bison»)

Bisonte é o nome dos mammiferos artiodáctilos da familia dos bóvidos pertencentes ao xénero Bison. O xénero comprende seis especies, das que só dúas sobreviven actualmente, o bisonte americano (Bison bison) e o bisonte europeo (Bison bonasus).

Os bisontes son, con frecuencia, denominados erradamente "búfalos",[1][2] O termo búfalo designa a outros bóvidos, os que integran o xénero Bubalus (o búfalo euroasiático) e ao búfalo africano ou búfalo cafre (especie Syncerus caffer).[3]

Nutrición

[editar | editar a fonte]
Bisonte alimentado con herba, cociñado
Valor nutricional por 100 g
Enerxía179 kcal (750 kJ)
0.00 g
Azucres0 g
Fibra alimentaria0 g
8.62 g
Saturadas3.489 g
Monoinsaturadas3.293g
Poliinsaturadas0.402 g
25.45 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
12%
0.139 mg
Riboflavina (B2)
22%
0.264 mg
Niacina (B3)
40%
5.966 mg
Vitamina B6
31%
0.401 mg
Ácido fólico (B9)
4%
16 μg
Vitamina B12
102%
2.44 μg
Vitamina D
0%
0 IU
Vitamina E
1%
0.20 mg
Vitamina K
1%
1.3 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
14 mg
Ferro
25%
3.19 mg
Magnesio
6%
23 mg
Fósforo
30%
213 mg
Potasio
8%
353 mg
Sodio
5%
76 mg
Cinc
56%
5.34 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. A confusión do bisonte ou, mellor dito, do bisonte americano, con búfalo, é unha consecuencia, unha máis, da colonización cultural norteamericana (ou globalización). Neste caso a través das películas do Far West, especialmente daquelas nas que aparece o heroe William Frederick Cody, máis coñecido polo alcume de Buffalo Bill que, debido á fama que tiña como cazador, foi contratado pola Kansas Pacific Railroad para abastecer de carne de buffalo (que é como os americanos adoitan denominar ao que en inglés é bison, 'bisonte') ás brigadas de operarios que traballaban na construción deste ferrocarril. Non é tan recordado o feito de que as masivas matanzas deste animal fixeron que, en moi pouco tempo, case desaparecera a especie e os indios que vivían dela.
  2. bisonte' s.m. Mamífero ruminante de gran tamaño da familia dos bóvidos, semellante ao boi pero coa parte de diante moito máis desenvolvida ca a de atrás, caracterizado por ter unha testa ancha, cornos curtos e unha especie de crina arredor do pescozo, do que existen distintas especies. Os bisontes machos son de maior tamaño ca as femias. Bisonte americano. Bisonte (Bison bison) de cornos menos prolongados ca os do bisonte europeo, que é orixinario de América do Norte, e ocupaba unha vasta zona do seu territorio. O bisonte americano chegou a estar en perigo de extinción. Bisonte europeo. Bison bonasus. A progresiva deforestación reduciu brutalmente o hábitat natural do bisonte europeo. Definición de bisonte no Dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  3. búfalo s.m. Mamífero ruminante da familia dos bóvidos, de formas corpulentas semellantes aos bois domésticos, pero cos cornos máis anchos na base e máis desenvolvidos, do que existen varias especies en África e en Asia. Nalgúns países domestican os búfalos para os labores agrícolas. Definición de búfalo no Dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]