Biosensor
Aparencia
Un biosensor é un dispositivo para a análise, que emprega un compoñente biolóxico para a detección dun analito. Un exemplo de biosensor primitivo é o canario que empregaban os mineiros de carbón. Na actualidade, empréganse biosensores como por exemplo un eléctrodo medidor da concentración de glucosa en sangue.
Partes dun biosensor
[editar | editar a fonte]Adoita constar das seguintes partes:
- O elemento biolóxico sensitivo, material biolóxico máis ou menos complexo, dende un anticorpo ata tecidos, que interactúa dalgún xeito co analito.
- O elemento transductor ou detector, o cal detecta a interacción entre o elemento sensitivo e o analito e o traduce a outro tipo de sinal que se poida interpretar de xeito máis sinxelo. Pódense empregar métodos químicos ou físicos, como electrónica, óptica, sistemas piezoeléctricos etc.
- O elemento procesador do sinal, o cal é xeralmente un sistema electrónico que mide o sinal transducido que recibe e o troca en datos sobre o analito, como pode ser a concentración do mesmo.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]Existen moitas aplicacións potenciais para os biosensores. Algúns exemplos de usos actuais son:
- Aplicacións en medicina, como a detección de glucosa en sangue (moi útil en pacientes con diabetes), analíticas de rutina, detección de patóxenos etc.
- Aplicacións ambientais, no estudo de bioameazas, pesticidas etc.
- Aplicacións en farmacoloxía.