Bethesda Softworks
Bethesda Softworks | |
---|---|
Tipo | distribuidora de videoxogos e desenvolvedora de videoxogos |
Data de fundación | 1986 |
Fundador(es) | Christopher Weaver |
Nomeado en referencia a | Tanque de Betesda |
Director/a | Todd Howard |
Organización matriz | ZeniMax Media |
Organización subsidiaria | Bethesda Game Studios e Sparkypants Studios |
Sede | Rockville |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.bethsoft.com/ e https://bethesda.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bethesda Softworks é unha empresa estadounidense dedicada á distribución e desenvolvemento de videoxogos, propiedade de ZeniMax Media. Foi fundada en 1986 e ten a súa sede en Maryland. É coñecida polos seus videoxogos de simulación deportiva, de acción e de rol.
Algúns dos seus traballos máis coñecidos son a serie The Elder Scrolls e os videoxogos Fallout 3 e Terminator. O 24 de xuño de 2009 a empresa matriz fíxose con id Software, outra empresa dedicada ó desenvolvemento de videoxogos.
Historia
[editar | editar a fonte]Dende fai dúas décadas, Bethesda Softworks é unha compañía desenvolvedora e distribuidora de contidos para o entretemento interactivo, principalmente videoxogos para consolas e ordenadores. Foi fundada en 1986 por Christopher Weaver en Bethesda (Maryland), e a súa sede foi posteriormente desprazada a Rockville (Maryland) en 1990. En 1999, Weaver, xunto co seu socio Robert Altman, fundou ZeniMax Media, quedando Bethesda como filial de dita empresa.
Bethesda foi recoñecida dende a súa creación polo desenvolvemento do primeiro videoxogo de deportes baseado nun motor de físicas, Gridiron!, en 1986 para a Atari ST, a Commodore Amiga e a Commodore 64/128. Os seus primeiros traballos foron ben recibidos por parte da prensa especializada; por exemplo, en diversos análises do videoxogo Wayne Gretzky Hockey, catalogáselle como «un xogo excelente» ou, no caso do análise de Amiga Computing, «a simulación deportiva máis precisa e divertida que tiven o pracer de xogar».[1][2] A empresa é moi coñecida por crear a serie de videoxogos de rol The Elder Scrolls, en base ao traballo orixinal de Julian Lefay. O primeiro capítulo da serie, denominado The Elder Scrolls: Arena, foi lanzado en 1994. A partir dese momento, grazas ao éxito obtido, publicáronse numerosos videoxogos relacionados. As secuelas directas, Daggerfall, Morrowind, Oblivion, e Skyrim foron publicadas en 1996, 2002, 2006 e 2011, respectivamente. Ademais, a serie tivo varios spin-offs relacionados: An Elder Scrolls Legend: Battlespire en 1997, The Elder Scrolls Adventures: Redguard en 1998 e The Elder Scrolls Travels: Shadowkey en 2004. O estudio tamén é coñecido por publicar títulos baseados en franquías populares de películas, como The Terminator, Star Trek, Pirates of the Caribbean ou Mad Max.
En 2004, Bethesda Softworks adquiriu a serie de videoxogos de rol Fallout, propiedade ata o momento de Interplay Productions, traspasando o desenvolvemento de Fallout 3 ao estudio interno Bethesda Game Studios. O videoxogo foi finalmente lanzado o 28 de outubro de 2008. Ao ano seguinte do lanzamento, publicáronse cinco expansións de contido para ese videoxogo: Operation: Anchorage, The Pitt, Broken Steel, Point Lookout, e Mothership Zeta. O 24 de xuño de 2009, ZeniMax Media, empresa matriz de Bethesda, adquiriu o estudio de desenvolvemento Id Software, cuxos títulos, incluíndo Rage, os publicaría Bethesda Softworks de aí en diante.[3]
Bethesda continuou a ampliar a rama de distribución con novas franquías. En 2009, Bethesda lanzou Wet e Rogue Warrior, e en 2010 a seguinte entrega da serie Fallout, Fallout: New Vegas, desenvolvido por Obsidian Entertainment. En maio de 2011, a empresa distribuíu dous novos títulos, Brink, desenvolvido por Splash Damage, e Hunted: The Demon's Forge, un videoxogo de acción e fantasía desenvolvido por inXile Entertainment.
Microsoft anunciou o 21 de setembro de 2020 que chegara a un trato para adquirir ZeniMax por 7,5 mil millóns de dólares, e que o acordo se pecharía na segunda metade de 2021. [4] O 9 de marzo de 2021, Microsoft anunciou oficialmente a compra tralo visto e prace da Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Walker, Jeff (Setembro de 1989). "Wayne Gretzky Hockey". Amiga Computing (en inglés) 2 (4). Consultado o 15 de agosto de 2012.
- ↑ Kennedy, John (Decembro de 1989). "It is the Orangeblobs v. the Blackblobs: GRIDIRON!". Amiga Computing (en inglés): 26. Consultado o 15 de agosto de 2012.
- ↑ "ZeniMax Media Acquires id Software" (en inglés). Reuters.com. 24 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de agosto de 2012.
- ↑ "Microsoft to Buy Bethesda for $7.5 Billion to Boost Xbox" (en inglés). Archived from the original on 03 de maio de 2021. Consultado o 21 de setembro 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficialArquivado 19 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |