Bernard Sumner
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1956 (68 anos) Salford, Reino Unido (pt) |
Outros nomes | Bernard Dicken Bernard Dickin |
Educación | Buile Hill High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantante, letrista, cantautor, músico |
Período de actividade | 1973 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop, rock alternativo, new wave, música rock e indie rock |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Factory Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Bernard Sumner, nado o 4 de xaneiro de 1956 en Salford, Inglaterra, é un músico británico, principalmente coñecido por ser o guitarra e teclado de Joy Division e o guitarrista e vocalista de New Order.
Sumner foi o artífice do inicio da banda xurdida de Manchester, Joy Division, xunto a Ian Curtis, Peter Hook, e Stephen Morris. Despois da morte de Ian Curtis, cantante de Joy Division, Sumner formou New Order cos seus ex compañeiros de Joy Division, e incluíu na formación a Gillian Gilbert (máis tarde muller de Stephen Morris). Con este grupo Sumner creou o sinxelo de dúas caras máis vendido da historia, Blue monday, que xeraría grandes ingresos para New Order, parte dos cales Bernard Sumner destinou á súa discográfica, Factory Records. En 2006, New Order lanzou o seu traballo máis recente titulado Waiting for the siren's call, que inclúe o sinxelo Krafty.
Canda o guitarrista de The Smiths, Johnny Marr, formou durante os anos 1990 a banda Electronic.
No 2007 empezou un novo proxecto, Bad Lieutenant.