Benito Pardo de Figueroa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Benito María de los Dolores Manuel José Ramón Tadeo Pardo de Figueroa y Valladares 25 de novembro de 1755 pazo de Fefiñáns, España |
Morte | 20 de outubro de 1812 (56 anos) Riga, Letonia |
Spanish ambassador to the Russian Empire (en) | |
13 de setembro de 1807 – 25 de xuño de 1812 | |
Actividade | |
Ocupación | militar, diplomático, envoy (en) |
Carreira militar | |
Rango militar | mariscal de campo Xeneral |
Benito Pardo de Figueroa, nado en Cambados en 1755 e finado en Riga en 1812, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no Pazo de Fefiñáns, fillo de Baltasar Pardo de Figueroa e Ana Jacobo, foi un militar innovador da Infantaría Española, que chegou a ser Tenente Coronel na época de Manuel Godoy. Participou na guerra da Independencia dos Estados Unidos. Destacou na carreira diplomática sendo embaixador de España en Berlín e San Petesburgo (1908).
Casou con Adelaida Destrehan, coa que tivo unha filla, Clementina, nada en 1798.
Obras
[editar | editar a fonte]- Examen analítico del cuadro de la transfiguración de Rafael de Urbino, seguido de algunas observaciones sobre la pintura de los griegos, París, 1804.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Once odas de Horacio en verso griego, 1810.