Balanus
Arneiróns | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arneiróns sobre uns mexillóns | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
ver texto |
Balanus é un xénero de crustáceos cirrípedes da familia Balanidae, coñecidos vulgarmente como arneiróns, cracas ou raña da pedra.
Descrición
[editar | editar a fonte]Mostra unha relación de inquilinismo sempre en zonas costeiras a pouca profundidade, aínda que pode estar esporadicamente fóra da auga. Co seu corpo cuberto totalmente por unha cuncha ou carapa de cor branca cinsenta, que lle serve de protección, coloniza pedras, rochas, cunchas, postes e todo tipo de obxectos da costa, normalmente por riba da liña da marea, na zona de salpicaduras. O seu corpo de forma cónica, medra sobre un centímetro de alto aproximadamente, formado por 6 placas, e fíxase ás rochas ou ao suxeito pola base.
A súa carapa pétrea pode medir desde milímetros até 5 ou 10 centímetros; a vida activa do organismo só pode observarse baixo a auga, cando se abre a carapa e saca de entre as súas cubertas brancas dous apéndices ramificados que baten regularmente na auga para captar alimento.
O seu corpo visualízase polo opérculo da súa cuncha que dá paso aos cirros, asemellándose á boca dun polbo. Aliméntase de plancto que entran polo opérculo, ao ser arrastrados pola corrente de auga dos seus cirros, atópase en múltiples zonas rochosas, habitando practicamente todos os mares.
Os arneiróns do xénero Balanus son os cirrípedes máis abundantes, tras os que estarían os percebes Lepas e Mitella.
Adoitan atoparse en abundancia sobre as cunchas dos mexillóns.
Para a industria navieira representan un problema, xa que fíxanse sobre os cascos dos buques e forman capas que impiden unha correcta navegación e cáusanlles deterioracións. Outros arneiróns, de 2 e 3 centímetros de diámetro, viven sobre as baleas, onde se enraízan na pel e na graxa, sen saberse o posible dano, ou non, que lle producen ao cetáceo, e a súa relación interespecífica podería pasar de ser considerada inquilinismo a parasitismo.
Especies
[editar | editar a fonte]Considéranse as seguintes especies:[1]
- Balanus amphitrite
- Balanus aquila
- Balanus balanus
- Balanus calidus
- Balanus cariosus
- Balanus crenatus
- Balanus decorus
- Balanus eburneus
- Balanus engbergi
- Balanus evermanni
- Balanus flos
- Balanus flosculus
- Balanus galeatus
- Balanus glandula
- Balanus hameri
- Balanus hesperius
- Balanus hoekianus
- Balanus improvisus
- Balanus laevis
- Balanus merrilli
- Balanus nubilis
- Balanus pacificus
- Balanus pentacrini
- Balanus perforatus
- Balanus regalis
- Balanus reticulatus
- Balanus rostratus
- Balanus spongicola
- Balanus subalbidus
- Balanus tintinnabulum
- Balanus trigonus
- Balanus venustus
- Balanus vestitus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 132 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 25 de novembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balanus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balanus |