Saltar ao contido

Bacopa monnieri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bacopa monnieri
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Lamiales
Familia: Plantaginaceae
Xénero: 'Bacopa'
Especie: ''B. monnieri''
Nome binomial
'Bacopa monnieri'
(L.) Wettst.[1]

Bacopa monnieri é unha planta herbácea perenne rastreira cuxo hábitat inclúe as zonas húmidas e as beiras fangosas. Brahmi é tamén o nome dado a Centella asiatica por algúns botánicos, mentres que outros consideran que é un erro que xurdiu durante o século XVI, cando brahmi foi confundido con mandukaparni o nome para a Centella asiática.[2][3][4] Está catalogada como especie invasora en Galicia.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Bacopa monnieri en Hyderabad, India.
Detalle da flor.
Vista da planta.

As follas desta planta son suculentas e relativamente grosas. As follas son oblanceoladas e están dispostas en sentido oposto no talo.

A súa capacidade para medrar na auga convértena nunha planta acuática de acuario popular. Mesmo pode medrar en condicións lixeiramente salobres. A propagación realízase xeralmente a través de esqueixes.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Comunmente medra en zonas pantanosas na India, Nepal, Sri Lanka, China, Taiwan e Vietnam, e tamén se atopa na Florida e outros estados do sur dos Estados Unidos de América, onde se pode cultivar en condicións de humidade en lagoas ou xardíns pantanosos.

Fitoquímica

[editar | editar a fonte]

Informouse do illamento dos seguintes fitoquímicos:[6]

Alcaloides: hidrocotilina, brahmina, herpestina e nicotina.
Saponinas, triterpenos e esteroides Por exemplo o asiatiósido (10-45 mg/kg), tanakunícido, pseudojujubogeninas, bacopasaponinas, bacósidos A-B. tritepenos tales como o ácido ascórbico, ácico tanakúnico, ácido asiático, brahamósido, monierina, brahminósido, ácido brahmico, ácido isobráhmico, ácido betulínico e ácido betúlico; tamén se atoparon fitosterois como o estigmasterol.
Flavonoides: apigenina, luteonina, oroxindina, wogonina
Aminoácidos: alanina, ácido aspártico, ácido glutámico e serina
n-Alcanos: heptacosano, octacosano, nonacosano, triacontano, hentriacontano, dotriacontano,
Pironas:' 3-formil-4-hidroxi-2H-pirano (C6H6O3), e o seu 7-glucósido.

Esta planta ten unha serie de usos na medicina Ayurveda. É un tratamento tradicional para a epilepsia e a asma e a axudar aos nenos con TDAH.[7] Ten propiedades antioxidantes, na redución da oxidación das graxas no sangue.[7] Con todo, as súas propiedades contra a epilepsia parece que poden ser mortais en doses moi altas, polo que só é usado en pequenas doses como aditivo á medicación antiepiléptica regular. Estudos en humanos mostran que o extracto da planta ten efectos contra a ansiedade.[7]

É un dos nootrópicos naturais máis utilizados con efectos probados para estimular a memoria, a capacidade cognitiva e a saúde do cerebro. O composto principal que se atopou no extracto de Bacopa son os bacósidos que melloran a transmisión sináptica no cerebro potenciando especialmente a memoria a longo prazo.[8] Os estudos de laboratorio en ratas indican que os extractos da planta melloran a capacidade da memoria e a capacidade de aprendizaxe.[7] Estudos recentes suxiren que pode mellorar a actividade intelectual.[9][10][11][12] Este mecanismo de acción pode explicar o efecto do extracto de Bacopa monniera na redución dos depósitos de beta-amiloide en ratos con enfermidade de Alzheimer.[12] Na India, esta planta utilizouse tradicionalmente para consagrar os recentemente nados na crenza de que lle vai a abrir a porta de enlace da intelixencia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Bacopa monnieri foi descrita por Carl von Linné, e logo por Wettst. e publicada en Die Natürlichen Pflanzenfamilien 4(3b): 77. 1891.[13]

Etimoloxía

Bacopa: nome xenérico dun nome indio aborixe na Guayana Francesa, citado por Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet na súa Histoire des Plantes de la Guiane Françoise en 1775.[14]

monnieri: epíteto outorgado en honra do botánico francés Louis Guillaume Le Monnier (1717-1799).

Sinonimia
* Anisocalyx limnanthiflorus (L.) Hance
  • Bacopa micromonnieria (Griseb.) B.L.Rob.
  • Bacopa micromonnieria (Griseb.) Borhidi
  • Bacopa monnieria Hayata & Matsum.
  • Bramia indica Lam.
  • Bramia micromonnieria (Griseb.) Pennell
  • Bramia monnieri (L.) Drake
  • Bramia monnieri (L.) Pennell
  • Calytriplex obovata Ruiz & Pav.
  • Capraria monnieria Roxb.
  • Gratiola monnieri (L.) L.
  • Gratiola portulacacea Weinm.
  • Gratiola tetrandra Stokes
  • Habershamia cuneifolia (Michx.) Raf.
  • Herpestis cuneifolia Michx.
  • Herpestis micromonnieria Griseb.
  • Herpestis monnieri (L.) Rothm.
  • Herpestis monnieri (L.) Kunth
  • Herpestis procumbens Spreng.
  • Limosella calycina Forsk.
  • Lysimachia monnieri L.
  • Moniera africana Pers.
  • Moniera brownei Pers.
  • Moniera pedunculosa Pers.
  • Monniera cuneifolia Michx.
  • Monnieria africana Pers.
  • Monnieria brownei Pers.
  • Monnieria pedunculosa Pers.
  • Ruellia articulata Houtt.
  • Septas repens Lour.[15]
  1. "Bacopa monnieri information from NPGS/GRIN". www.ars-grin.gov. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2008. 
  2. "In north India, however, brāhmī is commonly identified as Centella asiatica (Linn.) Urban, which in Malayalam is known as muttil. It seems that this identification of brāhmī as C. asiatica has been in use for long in northern India, as Hēmādri's 'Commentary on Aṣṭāṅgahṛdayaṃ (Āyuṛvēdarasāyanaṃ) treats maṇḍūkapaṛṇī (C. asiatica) as a synonym of brahmi." Warrier, P K; Nambiar, V P K; C. Ramankutty, V.P.K.; Ramankutty, R Vasudevan Nair (1996). Indian Medicinal Plants: A Compendium of 500 Specie. Orient Blackswan. p. 238. ISBN 9788125003014. 
  3. Daniel, M. (2005). Medicinal plants: chemistry and properties. Science Publishers. p. 225. ISBN 9781578083954. 
  4. Khare, C. P. (2003). Indian Herbal Remedies: Rational Western Therapy, Ayurvedic, and Other Traditional Usage, Botany. Springer. p. 89. ISBN 9783540010265. 
  5. Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
  6. Jobin Mathew, Jes Paul, M.S. Nandhu, C.S. Paulose. Bacopa monnieri and Bacoside-A for ameliorating epilepsy associated behavioral deficits. Fitoterapia (2010) 81:315–322
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Rajani, M., et al. "Brahmi (Bacopa monnieri (L.) Pennell) - A Medhya Rasaayana Drug of Ayurveda" in Ramawat, K. G., Ed. (2004). Biotechnology of Medicinal Plants: Vitalizer and Therapeutic Enfield, New Hampshire: Science Publishers, Inc.
  8. "Bacopa Monnieri". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2023. 
  9. C. Stough, J. Lloyd, J. Clarke, L. Downey, C. Hutchison, T. Rodgers, P. Nathan (2001). "The chronic effects of an extract of Bacopa monniera (Brahmi) on cognitive function in healthy human subjects". 
  10. S. Roodenrys, D. Booth, S. Bulzomi, A. Phipps, C. Micallef, J. Smoker (2002). "Chronic effects of Brahmi (Bacopa monnieri) on human memory" 27: 279. doi:10.1016/S0893-133X(01)00419-5. 
  11. Stough C, Downey LA, Lloyd J et al. (2008). "Examining the nootropic effects of a special extract of Bacopa Monniera on human cognitive functioning: 90 day double-blind placebo-controlled randomized trial." Phytother Res. 22:1629-1634.
  12. 12,0 12,1 Dhanasekaran M, Tharakan B, Holcomb LA et al. (2007). "Neuroprotective mechanisms of ayurvedic antidementia botanical Bacopa monniera." Phytother Res. 21:965-969.
  13. "Bacopa monnieri". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de xaneiro de 2013. 
  14. En Nombres Botánicos
  15. Bacopa monnieri en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]