Bacan
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Molucas | |||
Situado na entidade xeográfica | Molucas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Molucas do Norte, Indonesia (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar das Molucas | |||
Características | ||||
Altitude | 78 m | |||
Superficie | 1.900 km² | |||
Bacan (pronunciado "bachán") é unha illa da provincia indonesia das Molucas do Norte. Está separada da península suroeste de Halmahera polo estreito de Patinti. Ó norte sitúanse as illas de Kayoa, Makian, Ternate e Tidore.
Ten cerca de 1 900 km² de superficie e 13 000 habitantes. A principal cidade de Bacan é Labuha, na parte occidental. O sur da illa é montañoso e o punto máis elevado ten 2 111 m de altitude. A súa forma é moi irregular, a semellanza doutras illas próximas.
Bacan forma, en conxunto cas illas de Kasiruta ao noroeste, Mandioli ao oeste, e outras 80, o arquipélago de Bacan.
O interior de Bacan está pouco poboado. Os habitantes do litoral son indíxenas. Os Sirani (de nasrani, "cristiá" en lingua malaia, din ser descendentes de portugueses), malaios, papúas e inmigrantes doutras illas.
A illa ten un grande interese para a zooloxía debido á gran biodiversidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Bacan foi un sultanato. O interese dos europeos por Bacan era debido á súa posición estratéxica, que permitía o control do comercio de especias que florecía en Ternate, Tidore e Halmahera. A illa en si non dispón de moitos recursos naturais interesantes.
En 1558, os portugueses construíron un forte. En 1609, a VOC (Compañía Holandesa das Indias Orientais) tomouno.
En 1882, os neerlandeses comezaron a explorar a illa, sen éxito, debido á pobreza do solo e da falta de man de obra.
En 1889, foi substituída a monarquía por un consello de xefes tradicionais.
O Sultán de Bacán perdeu moito do seu poder coa chegada dos colonizadores europeos, e a que mantivo perdeuse coa independencia de Indonesia logo da segunda guerra mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bacan |