Avatar (filme de 2009)
Avatar | |
---|---|
Avatar | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Avatar |
Director | James Cameron |
Produtor | James Cameron Jon Landau |
Guión | James Cameron |
Intérpretes | Sam Worthington Zoe Saldana Sigourney Weaver Stephen Lang Michelle Rodriguez Giovanni Ribisi Joel Moore Wes Studi CCH Pounder Laz Alonso |
Música | James Horner |
Fotografía | Mauro Fiore |
Montaxe | James Cameron John Refoua Stephen E. Rivkin |
Estudio | Lightstorm Entertainment Dune Entertainment Ingenious Media |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 2009 |
Duración | 162 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $237 000 000 |
Recadación | $2 787 965 087[1][2] |
Filme seguinte | Avatar: The Way of Water |
Na rede | |
https://www.avatar.com/movies/avatar | |
|
Avatar é unha longametraxe estadounidense de xénero épico dirixida e escrita por James Cameron, e protagonizada por Sam Worthington, Zoe Saldana, Stephen Lang, Michelle Rodriguez, Joel David Moore, Giovanni Ribisi e Sigourney Weaver. O filme está ambientado na segunda metade do século XXII, momento no cal os seres humanos devecen por un mineral precioso chamado unobtanium que procede de Pandora, unha das lúas do planeta Polifemo no sistema Alpha Centauri. A expansión da colonia mineira humana provoca enfrontamentos co pobo dos Na'vi, unha especie humanoide indíxena de Pandora. O título do filme fai referencia ó sistema de enxeñería xenética que empregan os humanos para a creación de corpos híbridos entre Na'vis e humanos coa finalidade de crear un equipo que sexa quen de interactuar cos nativos de Pandora.
Sinopse
[editar | editar a fonte]No ano 2154, Jake Sully (Sam Worthington), un ex-marine que quedou parapléxico, é seleccionado para ir a Pandora, unha distante lúa onde existe un mineral chamado unobtanium que podería resolver a crise enerxética da Terra. Para contrarrestar a toxicidade da atmosfera de Pandora, os científicos crearon o programa Avatar, grazas ó cal os humanos "condutores de avatares" manteñen as súas conciencias unidas a un avatar: un corpo biolóxico controlado de forma remota que pode respirar o aire de Pandora. Eses corpos foron creados con ADN humano, mesturado con ADN dos nativos de Pandora, os Na'vi. No seu corpo de avatar, Jake pode camiñar outra vez. Pero a verdadeira finalidade do Programa Avatar é a de estudar o impresionante ecosistema de Pandora e a de facilitar a interacción cos Na'vi, aprender deles para que a comunicación sexa máis sinxela. A pesar do fin científico do proxecto, o coronel Quaritch, que dirixe a defensa da base humana en Pandora, envía a Jake para que lle proporcione información sobre os nativos en caso de que fose necesario empregar a forza se se negan a abandonar as súas terras. Nun principio, Jake cumpre profesionalmente a súa misión e entra en contacto cos Na'vi, pero se namora dunha das nativas, Neytiri (Zoe Saldana) que lle salva a vida. Despois dun tempo Jake é admitido no clan Omaticaya (a tribo central da historia), e do mesmo xeito que aprende a ser un Na'vi mais, tamén se dá conta de que estes xamais renunciarán á súa terra, facendo inevitable o conflito armado. Nel deberá decidir de parte de quen loitará.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Humanos
[editar | editar a fonte]- Sam Worthington como Jake Sully. Sully é un soldado discapacitado da Mariña.
- Stephen Lang como Coronel Miles Quaritch. Quaritch é o xefe das forzas de seguridade da RDA.
- Sigourney Weaver como Doutora Grace Augustine. Augustine é a xefa do Programa Avatar.
- Michelle Rodriguez como Trudy Chacón. Chacón é unha piloto de combate que colabora co Programa Avatar. Ela simpatiza cos Na'vi.
- Giovanni Ribisi como Parker Selfridge. Selfridge é o administrador corporativo das accións da RDA.
- Joel David Moore como Norm Spellman. Spellman é un xenoantropólogo.
- Dileep Rao as Doutor Max Patel, un científico que traballa no Programa Avatar e axuda á rebelión de Jake dende dentro da RDA.
Na'vi
[editar | editar a fonte]- Zoe Saldana como Neytiri, é a filla do líder dos Omaticaya, o clan Na'vi central na historia.
- C. C. H. Pounder como Mo'at. Mo'at é a líder espiritual dos Omaticaya, a nai de Neytiri e a parella do líder do clan Eytukan.
- Wes Studi como Eytukan. Eytukan é o líder dos Omaticaya, o pai de Neytiri e o marido de Mo'at.
- Laz Alonso como Tsu'tey. Tsu'tey é o futuro líder do clan, e ó comezo da historia estaba prometido con Neytiri.
- Peter Mensah como Líder do clan dos cabalos.
Videoxogo
[editar | editar a fonte]O filme tamén ten a súa adaptación na industria do videoxogo baixo o título James Cameron's Avatar: The Game. As súas principais plataformas son Playstation 3, Xbox 360, Nintendo DS e PC. O xogo non segue a historia do filme, senón unha historia que acontece antes do filme, onde os protagonistas son outros.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2009: 3 Premios Oscar: Fotografía, dirección artística, efectos visuais. 9 nomeamentos.
- 2009: 2 Globos de Ouro: Mellor película, director. 4 nomeamentos.
- 2009: 2 Premios BAFTA: Deseño de produción, efectos especiais. 8 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
Box Office Mojo
- Total: "Avatar (2009)". Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
$2,787,965,087
- Total en 2013: Box Office Mojo (ed.). "Avatar (2009)". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013.
$2,782,275,172
- Edición especial: "Avatar (Special Edition)". Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
North America:$10,741,486; Overseas: $22,469,358
- Total: "Avatar (2009)". Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ The-Numbers (ed.). "Avatar". Nash Information Services. Consultado o 27 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Avatar na IMDb (en inglés).
- Web Oficial Arquivado 11 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Wiki de Avatar de James Cameron (en inglés)
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2009 en 3D
- Filmes dirixidos por James Cameron
- Filmes con bandas sonoras de James Horner
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de Lightstorm Entertainment
- Filmes rodados en Hawai
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Nova Zelandia
- Filmes de Dune Entertainment
- Filmes sobre tecnoloxía
- Filmes sobre xemelgos
- Filmes sobre clonación
- Filmes sobre o medio ambiente
- Filmes sobre extraterrestres
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX