Saltar ao contido

Arturo Moreno Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Moreno Torres
Biografía
Nacementoc. 1907 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, zapateiro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
agosto de 1938evasión do bou Tiburón Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7089

Arturo Moreno Torres, nado na Coruña en 1907 e finado na mesma cidade o 7 de setembro de 1953, foi un zapateiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zapateiro na Coruña. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado por propagar rumores en maio de 1937.[1] Fuxiu a Francia no bou Tiburón. Pasou a territorio leal e combatiu no exército republicado. Detido en febreiro de 1939, foi xulgado en Ferrol por rebelión militar na causa 1571/38 o 6 de decembro de 1941, foi condenado a cadea perpetua, conmutada por 30 anos. Preso na prisión Provincial de Lugo, saíu en liberdade condicional o 14 de maio de 1943.[2] En decembro dese ano quedou liberado do desterro e puido volver á Coruña. Volveu ser detido en xuño de 1947 e foi procesado polo Tribunal Militar da Coruña na causa 298/47 por actividades políticas xunto con Juan Castiñeiras Galán, Juan Domínguez Lliso, Manuel Gantes Barreiro e Manuel Vázquez Sampayo. Continuou na loita clandestina con constantes entradas en prisión sen procesamento. Finou na Coruña o 7 de setembro de 1953.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Amalla Varela Morales.

  1. La Voz de Galicia, 16-5-1937, p. 4.
  2. BOE, 4-6-1943, p. 5366-5370.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-9-1953, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]