Saltar ao contido

Areas betuminosas do Athabasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Athabasca Oil Sands na provincia de Alberta.

As areas bituminosas de Athabasca son un inmenso depósito de areas e arxilas impregnadas de betún, unha forma semisólida de cru máis pesado e de menor valor comercial.

Situación

[editar | editar a fonte]

Situado no nordeste da provincia de Alberta, principalmente na rexión de Fort McMurray,[1] é o segundo xacemento de areais bituminosas máis grande do mundo, só superado polo cinto petrolífero do Orinoco en Venezuela. O nome do depósito fai referencia ao río Athabasca, que atravesa a rexión. O betún alí atopado xa era empregado polos pobos autóctonos cree e dené para impermeabilizar as súas canoas.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

O volume calculado de petróleo contido nestas areas, extraídas por grandes escavadoras, é da orde de 1,7 billóns de barrís (270 mil millóns de metros cúbicos). A presenza de hidrocarburos na zona explícase pola migración a través de profundas fallas xeolóxicas que chegan ao interior da terra (manto ). Os hidrocarburos aloxáronse en depósitos areosos situados a poucas profundidades (ou incluso semi-expostos), onde se producían unha intensa reelaboración por bacterias, nun ambiente máis oxidante, que facía que o aceite orixinal fose máis pesado e concentrado en metais como níquel, vanadio, cobalto, cromo, arsénico, cadmio, etc. [2]

Explotación

[editar | editar a fonte]

A explotación comercial das areas petrolíferas no lugar comezou en 1967, cando a compañía Great Canadian Oil Sands (filial canadense da Sun Oil Company, con sede nos Estados Unidos, agora independente e rebautizada como Suncor Energy ) construíu a súa primeira mina. [3]

Compañías petroleiras no sitio

[editar | editar a fonte]
  • Suncor
  • Syncrude
  • Shell Canada
  • MEG Energy
  • CNRL
  • Imperial Oil
  • SinoCanada Petroleum Corp., filial da Sinopec
  1. "PressReader.com - Digital Newspaper & Magazine Subscriptions". www.pressreader.com. Consultado o 2022-07-04. 
  2. "Alberta's Oil Sands 2006" (PDF). 2007. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2008-02-27. Consultado o 17 de fevereiro de 2008. 
  3. "Areia betuminosa - A chaga negra do Canadá". Planeta (en portugués). 2010-05-01. Consultado o 2022-07-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.