Aplysia
Aplysia | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aplysia punctata | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Aplysia é un xénero de moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros, orde dos aplisíidos, que é o tipo da familia dos aplisíidos, que agrupa ás chamadas borrachas (un tipo de lesmas de mar), que habitan en todos os mares do globo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1767 por Linneo, na 12ª edición do seu Systema naturae.[1][2][3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse polos sinónimos:[2]
- Aplysia (Aplysia) Linnaeus, 1767
- Aplysia (Metaplysia) Pilsbry, 1951
- Aplysia (Neaplysia) J. G. Cooper, 1863
- Aplysia (Pruvotaplysia) Engel, 1936
- Aplysia (Subaplysia) M. Medina, T. Collins & Walsh, 2005
- Aplysia (Tullia) Pruvot-Fol, 1933
- Aplysia (Varria) Eales, 1960
- Aplysiopsis Bergh, 1898
- Laplysia Linnaeus, 1767
- Phyllobranchopsis Eliot, 1905
- Pruvotaplysia Engel, 1936
- Tullia Pruvot-Fol, 1933
- Varria Eales, 1960
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:[2]
- Aplysia argus Rüppell & Leuckart, 1830
- Aplysia atromarginata Bergh, 1905
- Aplysia brasiliana Rang, 1828
- Aplysia californica J. G. Cooper, 1863
- Aplysia cedrosensis Bartsch & Rehder, 1939
- Aplysia cervina (Dall & Simpson, 1901)
- Aplysia concava G. B. Sowerby I, 1833
- Aplysia cornigera G. B. Sowerby I, 1869
- Aplysia dactylomela Rang, 1828
- Aplysia depilans Gmelin, 1791
- Aplysia dura Eales, 1960
- Aplysia elongata (Pease, 1860)
- Aplysia extraordinaria (Allan, 1932)
- Aplysia fasciata Poiret, 1789
- Aplysia ghanimii Golestani et al.
- Aplysia gigantea G. B. Sowerby I, 1869
- Aplysia hooveri Golestani et al.
- Aplysia inca d'Orbigny, 1837
- Aplysia japonica G. B. Sowerby I, 1869
- Aplysia juanina (Bergh, 1898)
- Aplysia juliana Quoy & Gaimard, 1832
- Aplysia keraudreni Rang, 1828
- Aplysia kurodai Baba, 1937
- Aplysia maculata Rang, 1828
- Aplysia morio (A. E. Verrill, 1901)
- Aplysia nigra d'Orbigny, 1837
- Aplysia nigrocincta E. von Martens, 1880
- Aplysia oculifera A. Adams & Reeve, 1850
- Aplysia parva Pruvot-Fol, 1953
- Aplysia parvula Mörch, 1863
- Aplysia perviridis (Pilsbry, 1895)
- Aplysia pilsbryi (Letson, 1898)
- Aplysia pulmonica Gould, 1852
- Aplysia punctata (Cuvier, 1803)
- Aplysia rehderi Eales, 1960
- Aplysia reticulata Eales, 1960
- Aplysia reticulopoda Beeman, 1960
- Aplysia robertsi (Pilsbry, 1895)
- Aplysia rudmani Bebbington, 1974
- Aplysia sagamiana Baba, 1949
- Aplysia sowerbyi Pilsbry, 1895
- Aplysia sydneyensis G. B. Sowerby I, 1869
- Aplysia tanzanensis Bebbington, 1974
- Aplysia vaccaria Winkler, 1955
- Aplysia vistosa Pruvot-Fol, 1953
Características
[editar | editar a fonte]De corpo espido, estes animais respiran a través dunha respiración branquial que se manifesta polas branquias visíbeis dorsalmente, onde forman unha estrutura que recorda unha matogueira. Estas branquias son operculadas.[4]
O tamaño destes fitófagos bentónicos é bastante grande en comparación coa maioría dos moluscos.
Pastan en zonas mareais e submareais de augas tropicais e subtopicais, principalmente na rexión Indo-pacífica (23 especies), pero tamén se encontran no océano Atlántico (12 especies, cunhas poucas no Mediterráneo).
Son hermafroditas e fan cópulas cruzadas de dous individuos, nas que cada un deles emprega sucesivamente un ou o outro dos seus sexos.
Cando son ameazados, liberan nubes de tinta ou borra para dificultar a visión do atacante.
Baixo a dirección de Eric R. Kandel, este xénero foi estudado como organismo modelo en neurobioloxía, porque a liberación de tinta é unha resposta mediada por sinapses eléctricas, que permiten que varias neuronas disparen de maneira sincronizada.[5]
Esta rápida resposta neural é importante para que o animal reaccione fuxindo.
- Véxase tamén: Adaptacións antipredadores.
En Galicia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Borrachas.
En Galicia viven tres especies deste xénero:
- Aplysia punctata (Cuvier, 1803), a máis común, de coloración variábel, parda avermellada escura nos individuos novos e parda verdosa escura, ás veces con puntos albrancazados, nos individuos vellos,[6][7] e outras dúas especies do mesmo xénero, máis escasas,
- A. fasciata (Poiret, 1798),[7][8] de cor escura cos bordos dos parápodos avermellados, e a máis rara,
- A. depilans (Gmelin), 1791,[7][9] que segrega un líquido de aspecto leitoso, non violeta, como as dúas anteriores.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linnaeus, C. (1767): Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Ed. 12. 1., Regnum Animale. 1 & 2. Holmiae (Estocolmo), Laurentii Salvii.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Aplysia Linnaeus, 1767 no WoRMS. Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ Aplysia Linnaeus, 1767 no GBIF.Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ F. Cuvier, Leçons d'anatomies comparées, t. 2, 1805, p. 304.
- ↑ Kandel Eric R., Schwartz, J. H. e Jessell, T. M. (2000): Principles of Neural Science, 4th ed. New York: McGraw-Hill. ISBN 0-8385-7701-6.
- ↑ Rolán 1983, pp. 340-341.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Rolán & Otero-Sshmitt, p. 134.
- ↑ Rolán 1983, pp. 339-340.
- ↑ Rolán 1983, p. 341.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aplysia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aplysia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- D'Ancona, U. (1972): Tratado de Zoología. 2 vols. Barcelona: Ed. Labor, pp. 744–745.
- Grassé, P.-P.; R.-A. Poisson e O. Tuzet (1976): Zoología. 1. Invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4, pp. 410–415.
- Míguez, R., González, C. e García Álvarez, O. (1996): Guía ecolóxica do litoral galego. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-973-3.
- Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ed. Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 145–146.
- Rolán, E. (1993): Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-698-X.
- Rolán, E. (1983): Moluscos de la ría de Vigo. I Gasterópodos. Thalassas. Revista de ciencias del mar, Vol. 1, Nº 1 Anexo 1. ISBN 84-3089-578-4.
- Rolán, E. e J. Otro-Schmith (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MondoMarino.net - Fotos