Anxo de Portugal
O Anxo de Portugal (en portugués: Anjo de Portugal ), tamén coñecido como Santo Anxo da Garda de Portugal, Anxo Custodio (tamén Anjo Custódio do Reino de Portugal), Anxo Heráldico ou Anxo da Paz, celebrado como o anxo da garda de Portugal.
Orixe
[editar | editar a fonte]Do latín angelus, derivado á súa vez do grego άγγελος, significa "mensaxeiro". No Antigo Testamento emprégase anxo para traducir a palabra hebrea מלאך, mal'ach, tamén mensaxeiro. No Evanxeo hai referencias ao anxo da garda de “cada persoa” que coida del, pero durante moito tempo só houbo unha festa dos cristiáns aos Anxos: a do 29 de setembro. En Valencia, no ano 1411 aparece unha festa ao Anxo Custodio "da Cidade" no seu conxunto, e outras cidades e reinos, celebraban o seu Anxo protector; porén hoxe é o único "anxo nacional" recoñecido como tal. Portugal celebra a "festa do Anxo de Portugal" o 10 de xuño.
O muro leste da capela do Mosteiro de Batalha, cuxa construción comezou en 1386, tiña un altar dedicado ao Anxo da Garda de Portugal.[1] En 1504, por petición do rei Manuel I de Portugal ao papa Xulio II creouse a Festa do Anxo Custódio do Reino, o terceiro domingo de xullo [2] oficializada por León X sendo embaixador D. Miguel da Silva.
Os tres nenos que afirmaron en 1917 ter vivido unha serie de aparicións marianas en Fátima afirmaron que o anxo apareceu ante eles tres veces o ano anterior.[3]
O culto ao anxo da garda de Portugal declinou considerabelmente despois do século XVII, e foi oficialmente restaurado en 1952, sendo inserido no calendario litúrxico portugués por Pío XII o 10 de xuño.[4]
O Anxo de Portugal foi identificado ás veces como o Arcanxo Miguel.[5][6]
Representacións na arte
[editar | editar a fonte]Hai versións do anxo en escultura e pintura, especialmente as imaxes do Mosteiro de Santa Cruz de Coímbra; da Charola do Convento de Cristo de Tomar; a pintura da Igreja da Misericórdia de Évora; a iluminación do Libro de Horas de Dom Manuel [7] e a do Museo Nacional de Machado de Castro, en Coímbra, atribuída a Diogo Pires, o Moço[8]
Tamén hai quen sostén que é a figura central do Panel do Infante e do Panel do Arcebispo, que forman parte dos Painéis de São Vicente de Fora, no Museo Nacional de Arte Antiga, obra do pintor Nuno Gonçalves c.1470.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Karl Baedeker. Spain and Portugal: Handbook for Travellers, 1898, p. 558
- ↑ Anxo da Garda. do Reino , O Portal da História, Manuel Amaral, 2000-2010
- ↑ George J. Marshall: Angels: An Indexed and Partially Annotated Bibliography of Over 4300 Scholarly Books and Articles Since the 7th Century B.C. McFarland, 2015 p.132
- ↑ David Keck: Angels and Angelology in the Middle Ages, Oxford University Press, 1998, p.38.
- ↑ Gabriel Paquette: Imperial Portugal in the Age of Atlantic Revolutions: The Luso-Brazilian World, c.1770–1850, Cambridge University Press, 2013, p.207
- ↑ Is the Angel of Portugal Actually Saint Michael the Archangel?
- ↑ Anxo de Portugal, Portugal Futuro Presente, 9 de outubro 2006
- ↑ / portal/imagemsemanal/julho0303.html Anxo da Garda do Reino, O Portal da História, Manuel Amaral, 2000-2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo de Portugal |