Antonio Bilbatúa Zubeldía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1894 Sarria, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (42 anos) Cemiterio de Pereiró, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, telegrafista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Irmáns | Demetrio Bilbatúa Zubeldia Luis Bilbatúa Zubeldia |
Antonio Bilbatúa Zubeldia, nado en Sarria o 23 de maio de 1894 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un político e dirixente socialista galego de orixe vasca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, traballou de oficial de telégrafos e militou no PSOE. En xuño de 1915 aprobou as oposicións ao corpo de telegrafistas[1]. Foi elixido deputado da Fronte Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Vigo xunto a outros dirixentes de esquerda da cidade[2].
O 20 de agosto foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, e fusilado no camposanto de Pereiró unha semana despois xunto cos outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo: o seu irmán Demetrio, o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde, e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Ignacio Seoane[3]. Outro dos seus irmáns, Luís Bilbatúa Zubeldia, tamén foi asasinado polos falanxistas o 15 de setembro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Correos y Telégrafos. Nuevos telegrafistas". La Mañana (en castelán) (Madrid). 21-6-1915. p. 7.
- ↑ Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
- ↑ Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.