Saltar ao contido

Antoni Ros-Marbà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntoni Ros-Marbà

(1980) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónMunicipal Conservatory of Music of Barcelona (en) Traducir
Conservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, compositor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOrquesta de Radio Televisión Española
Netherlands Chamber Orchestra (en) Traducir
Orquestra Nacional de España
Orquestra Sinfônica de Barcelona e Nacional da Catalunha (pt) Traducir
Real Filharmonía de Galicia Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSardana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEduard Toldrà (pt) Traducir, Sergiu Celibidache (pt) Traducir e Jean Martinon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0740736 BNE: XX1029205 Musicbrainz: ec60a951-5484-4665-a5ce-2c034b613676 Discogs: 3010569 Allmusic: mn0002181139 Editar o valor en Wikidata

Antoni Ros-Marbà, nado en L'Hospitalet de Llobregat (provincia de Barcelona) o 2 de abril de 1937, é un director de orquestra catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a formarse musicalmente no Conservatorio Superior de Música barcelonés, estudou dirección de orquestra con Eduard Toldrá en Barcelona, con Sergiu Celebidache na Academia Chiggiana de Siena e con Jean Martinon en Düsseldorf, onde obtivo o Primeiro Premio de Fin de Curso.

Orquestras

[editar | editar a fonte]

En 1966, ao fundarse a Orquestra Sinfónica da RTVE en Madrid, consegue, por oposición, a praza de director titular. Nese ano, élle concedido o Premio Internacional do Disco Arthur Honegger pola súa gravación das Sete Palabras de Cristo de Haydn.

En 1967 foi nomeado director titular da Orquestra Ciutat de Barcelona. En 1978 acada a dirección musical da Orquestra Nacional de España e, en 1979, é nomeado principal director invitado da Orquestra de Cámara Neerlandesa, da que será, posteriormente, director titular.

En 1978, invitado polo mestre Herbert von Karajan, debutou en Berlín coa Orquestra Filharmónica, orquestra que dirixirá de novo posteriormente. No campo sinfónico, tamén tivo notables éxitos dirixindo as orquestras máis importantes de Francia, Inglaterra, Suíza, Italia, Alemaña, Escandinavia e nos principais centros musicais de América e o Xapón. Coa Orquestra de Cámara dos Países Baixos visitou a China nas súas primeiras aperturas no campo musical occidental.

En 1978 debutou, invitado polo nestre Herbert von Karajan, estréase en Berlín coa Orquestra Filharmónica. No campo sinfónico obterá sonados éxitos dirixindo as orquestras máis importante de Francia, Inglaterra, Suíza, Italia, América, o Xapón e a China.

A súa carreira como director sinfónico é tan notable coma a que realizou como director de óperas. Sobrancea a súa dirección en obras de:

Ros Marbà protagonizou ademais a estrea das óperas Divinas Palabras de Antón García Abril e The Duenna de Roberto Garhard. Tamén dirixiu as primeiras gravaciones mundiais da destacada The Duenna de R. Garhard e de La Dolores de Tomás Bretón coa Orquestra Simfónica de Barcelona i Nacional de Catalunya.

Zarzuelas

[editar | editar a fonte]

O director catalán conduciu igualmente as gravacións de zarzuelas como Doña Francisquita, Bohemios, La Verbena de la Paloma, Goyescas e Luisa Fernanda, todas elas editadas polo prestixioso selo Audivis.

Durante as últimas tempadas, o mestre Ros Marbà dirixiu con frecuencia orquestras españolas como a Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Barcelona, Orquestra Nacional de Catalunya, Orquestra Sinfónica e Coro de Radio Televisión Española, Orquestra Sinfónica de Tenerife, Orquestra de Valencia, sen deixar de acudir ás súas citas anuais con orquestras alemás e dos Países Escandinavos.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Foille concedido o Premio Nacional de Música, galardón que outorga o Ministerio de Cultura, a Creu de Sant Jordi, concedida pola Generalitat de Cataluña, o Premio Internacional del Disco Arthur Honegger pola gravación das Sete Palabras de Cristo de Haydn e o Barclays Theatre Award á mellor produción operística no Reino Unido en 1997 pola intervención na montaxe de Idomeneo a cargo da Scottish Opera de Glasgow e Edimburgo.

Na actualidade, ademais de ser o director titular da Real Filharmonía de Galicia, é profesor e director titular da Cátedra de Orquestra de Cámara Freixenet da Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid e director da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.