Antígono de Caristo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 295 a. C. Caristo, Grecia |
Morte | século III a. C. |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, poeta, escultor, biógrafo |
Período de actividade | (Con vida en: século III a. C. ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Antígono de Caristo (en grego Ἀντίγονος ὁ Καρύστιος; en latín Antigonus Carystius) foi un escritor e broncista grego que viviu no século -III (fl. c. -240).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Atenas e foi chamado á corte de Átalo I (-241 a -197) en Pérgamo. A súa obra principal é as Vidas dos filósofos, escrita a partir das súas propias experiencias, e da cal se conservan grandes fragmentos nos traballos de Ateneo e Dióxenes Laercio. Tamén se conserva aínda a súa Colección de historias marabillosas, que foron extraídas principalmente de Περὶ θαυμασίων ἀκουσμάτων, atribuída a Aristóteles, e os Θαυμάσια de Calímaco. É dubidoso que se trate do escultor do mesmo nome quen, segundo Plinio (Naturalis Historia, xxxiv. 19), escribiu libros sobre a súa arte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Varios autores (1910-1911). Antigonus of Carystus «Antigonus of Carystus». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público.
- Keller, Rerum Naturalium Scriptores Graeci Minores, i. (1877)
- Kopke, De Antigono Carystio (1862)
- Wilamowitz-Mollendorff, "A. von Karystos", en Philologische Untersuchungen, iv. (1881)
- Dorandi, Tiziano 1999 Antigone de Caryste. Fragments Paris: Les Belles Lettres.