Ann Meekitjuk Hanson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1946 (78 anos) Nunavut, Canadá |
Commissioner of Nunavut (en) | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Premios | |
Ann Meekitjuk Hanson (inuktitut: ᐋᓐ ᒦᖀᑦᔩᒃ ᐦᐋᓐᓱᓐ), nada o 22 de maio de 1946 en Qaktut, é unha escritora, xornalista e política de Nunavut. Foi a comisionada de Nunavut dende o 21 de abril de 2005 ata o 10 de abril de 2010.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A Hanson, como todo inuit nacido entre a década de 1940 e a de 1970, o goberno do Canadá etiquetouna cun número de disco, ou ujamiit que no seu caso era E7-121.[2]
Os primeiros 11 anos da súa vida só sabía falar inuktitut e viviu en Qakutut e Kimmirut. Logo foi a escolas en Iqaluit, Baker Lake (Qamanituaq) e Toronto, onde a coñecían como Annie Cotterill.[2] Estudou desenvolvemento comunitario na Universidade de San Francisco Xavier e xeografía na Universidade de Windsor mais tamén recibiu se graduou en 1989 en xornalismo na Nunavut Arctic College.
Realizou diversas funcións, como traballadora pública, personalidade da radio, xornalista e escritora.[3] Traballadora pública dende 1964, foi secretaria e intérprete do deputado federal Eugène Rhéaume e vicecomisionada dos Territorios do Noroeste de 1987 a 1992[4].
Entrou na CBC como recepcionista, e máis tarde converteuse en voz dos anuncios e produtora das emisións en inuktitut. Traballou tamén para a Inuit Broadcasting Corporation producindo documentais, como Starting Fire with Gunpowder (1991)[5]. Hanson foi a primeira editora do periódico comunitario Inukshuk, que máis tarde se converteu no semanario Nunatsiaq News. É a autora de Show Me (1991) un libro escrito en inuktitut e inglés e Tumiit integramente en inuktitut.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New Nunavut commissioner to be named soon". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "What's In A Name? by Ann Meekitjuk Hanson". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Hanson, Ann Meekitjuk". Archived from the original on 08 de xuño de 2011. Consultado o 29 de setembro de 2019.
- ↑ Sharon Anne Cook, Lorna R McLean e Kate O'Rourke (2001) Framing Our Past: Constructing Canadian Women's History in the Twentieth Century McGill-Queen's Pres, p. 378
- ↑ Pamela R. Stern (2013) Historical Dictionary of the Inuit Scarecrow Press, p. 73