Anathema
Anathema | |
---|---|
Orixe | Liverpool, |
Período | 1990 - 2020 Actividade pausada de maneira indefinida pola crise da COVID-19 |
Xénero(s) | doomdeath metal, rock progresivo |
Membros | Vincent Cavanagh Daniel Cavanagh Jamie Cavanagh Les Smith John Douglas Lee Douglas |
Antigos membros | Darren White Duncan Patterson Dave Pybus Shaun Steels Martin Powell |
Na rede | |
www.anathema.ws | |
Anathema é un grupo musical fundado en Liverpool, Reino Unido, no ano 1990 como unha banda de doom metal, aínda que co paso do tempo foi rebelándose como un dos grupos máis importantes do rock progresivo actual. A comezos dos 90 contribuíu a creación do doomdeath metal xunto con Paradise Lost e My Dying Bride, pero desde a publicación de Eternity comezaron coa súa evolución ata o rock atmosférico que practican actualmente.
Anathema comezou co nome de Pagan Angel en 1990, liderada polos irmáns Daniel (guitarra), Vincent (guitarra) e Jamie Cavanagh (baixo), unidos a Darren White (voz) e John Douglas (batería). Trala publicación de Serenades e The Silent Enigma, Anathema converteuse nunha das bandas que desenvolveron un papel fundamental na creación do doomdeath metal. En 1996 publicouse Eternity, que marcou o comezo da evolución do grupo británico cara a unha música influída por Pink Floyd, Radiohead ou Jeff Buckley. Os seguintes álbums foron Alternative 4 (1998), Judgement (1999) e A Fine Day to Exit (2001), que precederon a A Natural Disaster (2003), a confirmación definitiva do cambio estilístico de Anathema debido ao son atmosférico que impera no disco. O disco Hindsight, unha gravación acústica de vellas cancións da banda, precederá ao álbum Horizons, que será publicado a finais de 2008.
Dende entón editaron varios discos, xa tendendo sempre cara a un estilo musical mais atmosférico e con melodías envolventes, cheo de teclados, coros, arranxos orquestrais e a voz feminina de Lee Douglas collendo mais protagonismo.
No 2020 andaban a programar unha nova xira mundial que tiveron que cancelar mor da crise da COVID-19, o que lles levou a pausar a súa actividade de maneira indefinida
Membros
[editar | editar a fonte]- Vincent Cavanagh - voz e guitarra
- Daniel Cavanagh - guitarra
- Jamie Cavanagh - baixo
- Les Smith - teclados
- John Douglas - batería
- Lee Douglas - coros
Membros pasados
[editar | editar a fonte]- Darren White - voz (desde The Crestfallen ata Pentecost III)
- Duncan Patterson - baixo (desde The Crestfallen ata Alternative 4)
- Dave Pybus - baixo (desde Judgement ata A Fine Day To Exit)
- Shaun Steels - batería (en Alternative 4)
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Serenades | 1993 | Peaceville Records |
The Silent Enigma | 1995 | Peaceville Records |
Eternity | 1996 | Peaceville Records |
Alternative 4 | 1998 | Peaceville Records |
Judgement | 1999 | Music for Nations |
A Fine Day to Exit | 2001 | Music for Nations |
A Natural Disaster | 2003 | Music for Nations |
We're Here Because We're Here | 2010 | Kscope |
Weather Systems | 2012 | Kscope |
Distant Satellites | 2014 | Kscope |
The Optimist | 2017 | Kscope |